Museo Numismático do Banco Central de Chile

museo numismático chileno

O Museo Numismático do Banco Central de Chile é un museo situado en Santiago de Chile e dedicado a amosar a historia das moedas e dos billetes chilenos e, con carácter xeral, doutros países.

Museo Numismático do
Banco Central de Chile
Vitrinas expositivas no
Museo Numismático do Banco Central de Chile
CoordenadasCoordenadas: 33°26′28″S 70°39′12″O / -33.441083333333, -70.653277777778
País Chile
Cidade Santiago de Chile
DirectorJosé Luis Ayala Saldivia.
Inauguración18 de maio de 2012
Superficie180 m²
Na rede
http://www.numismaticos.cl/museo-numismatico-banco-centra
editar datos en Wikidata ]

O museo ten a súa sede no edificio do Banco Central de Chile.[1] O seu director é José Luis Ayala Saldivia.[2]

O Museo Numismático do Banco Central de Chile inaugurouse o 18 de maio de 2012.[1]

O seu obxectivo principal é a posta ao dispor do público dunha mostra do patrimonio numismático do Banco Central de Chile, como base para unha visión cronolóxica e iconográfica da historia económica e política do país.[3]

O edificio editar

 
Edificio do Banco Central de Chile, sede do Museo Numismático.

O edificio que alberga tanto o Banco Central de Chile como o Museo Numismático foi inaugurado en 1928, tres anos despois da fundación do propio banco.

O edificio fai esquina entre as rúas Morandé e Agustinas, no barrio Cívico de Santiago. O deseño orixinal é do arquitecto Alberto Cruz Montt, aínda que na década de 1940 o edificio sufriu unha importante ampliación a cargo do arquitecto Josué Smith, respectando no posible o deseño orixinal.[4]

A colección editar

 
Exposición de moedas da época colonial.

A exposición divídese en dúas salas, cunha superficie en total de 180 :

  • A primeira corresponde ás antigas caixas para atención ao público, onde actualmente se amosa a familia de billetes en circulación en Chile e diversos obxectos relacionados coa actividade do Banco Central. Tamén se levan a cabo aí actividades para os cativos relacionadas co deseño e a produción dos billetes.[5]
  • A segunda corresponde a unha antiga bóveda construída polo banco nos anos 1940 e cuxa porta pesa dúas toneladas, onde se exhibe a colección histórica de moedas e billetes.[1] A peza máis escasa e valiosa da colección é un exemplar do coñecido como "peso de Coquimbo", cuñado en 1828 na Casa da Moeda de Coquimbo.[6][7]
 
Lingotes de ouro expostos no museo.

Dentro da súa exposición atópanse 10 lingotes de ouro de 13 quilogramos cada un.[8] Tamén se presentan aproximadamente 1.500 pezas, entre billetes e moedas: arredor de 300 moedas de ouro, prata e outros metais emitidas a partir de 1749, así como 150 billetes emitidos en Chile e máis dun milleiro de máis de 160 países do mundo.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Inauguran moderno Museo Numismático del Banco Central de Chile". En Emol. 18 de maio de 2012.
  2. 2,0 2,1 "Museo Numismático del Banco Central de Chile". Registro de Museos de Chile.
  3. "La iniciativa". Sitio Web do Museo Numismático do BCC.
  4. "El edificio". Sitio Web do Museo Numismático do BCC.
  5. Zarhi, Macarena. "Más de 250 años de historia en numismática". En La Tercera. 22 de maio de 2012.
  6. "1 Peso - Plata - 1828 Arquivado 14 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Museo Numismático del Banco Central de Chile.
  7. "El rescate del histórico Peso de Coquimbo Arquivado 15 de novembro de 2017 en Wayback Machine.". En El Día. 5 de outubro de 2016.
  8. "Banco Central saca de las bóvedas sus lingotes de oro". En Minería Chilena. 19 de maio de 2012.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar