Museo Nacional de Arte Moderna de España

O Museo Nacional de Arte Moderna, abreviadamente Museo de Arte Moderna, citado frecuentemente pola súa sigla, M. A. M., foi un museo nacional español, dedicado á arte dos séculos XIX e XX, que existiu entre 1894 e 1971. Nese ano, as súas coleccións de arte do século XIX foron traspasadas ó Museo do Prado, do que en realidade procedían en boa parte, mentres que as do século XX integráronse no novo Museo Español de Arte Contemporánea (MEAC), antecesor do actual Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía.

Museo Nacional de Arte Moderna de España
Zona do Palacio de Biblioteca e Museos Nacionais na que se atopaba o M. A. M.
CoordenadasCoordenadas: 40°25′24″N 3°41′24″O / 40.423333333333, -3.69
PaísEspaña
CidadeMadrid
Tipopinacoteca
Construción4 de agosto de 1894
Inauguración1 de agosto de 1898
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O Museo foi creado mediante un Real Decreto do 4 de agosto de 1894, coa denominación de Museo de Arte Contemporánea, aínda que posteriormente foi substituída pola de Museo de Arte Moderna. Porén, a súa inauguración non tivo lugar até o 1 de agosto de 1898, nun acto presidido pola raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, e a apertura de todas as súas salas até un ano despois. Situábase no Palacio de Biblioteca e Museos Nacionais, sede así mesmo da Biblioteca Nacional e do Museo Arqueolóxico Nacional, ocupando o ángulo suroeste do mesmo, delimitado polo paseo de Recoletos e a rúa Villanueva.

 
O Casón del Buen Retiro acolleu entre 1971 e 1997 as obras do século XIX do M. A. M. tras o seu traspaso ao Museo do Prado.

Contar cun centro dedicado ós artistas vivos, seguindo o modelo do Musée du Luxembourg de París, era unha reivindicación de tipo gremial que formularan xa á raíña Isabel II un grupo de autores nun escrito titulado «Exposición que elevan a S. M. varios artistas para a fundación dun Museo Histórico Nacional de Autores Contemporáneos», datado o 15 de decembro de 1847 e asinado por Vicente López, Antonio María Esquivel, Jenaro Pérez Villaamil, Rafael Tejeo, Vicente Jimeno e Alejandro Ferrant.[1]

Até a constitución do M. A. M. ese papel estivo cuberto fundamentalmente polo Museo do Prado, cuxos primeiros catálogos, redactados por Luis Eusebi, de feito recolleron dende a súa fundación a sección denominada “Artistas vivos ou recentemente finados”, que contiña obras de pintura e escultura contemporáneas e que, como o resto das pinturas do Museo do Prado, procedían das coleccións reais. Parcialmente, tamén o asumiu o Museo da Trindade, que incluía nos seus catálogos unha “Galería de cadros contemporáneos”, con obras que procedían neste último caso das adquisicións que realizaba o Estado nas Exposicións Nacionais de Belas Artes así como dalgunhas doazóns puntuais. En 1872 o Museo da Trindade foi disolto, integrándose os seus fondos no Prado. Aínda que tras a fundación do Museo de Arte Moderna o coleccionismo público de arte do século XIX parecía competencia exclusiva desa nova institución, non foi así. A pesar de que se viu obrigado a traspasar ó novo museo os cadros da denominada «sala de pintura contemporánea», o Museo do Prado continuou acumulando un importante número de pinturas de extraordinario interese e calidade artística que consideraba pezas chave da arte española do século XIX, en contra do M. A. M., que só parecía interesarse pola arte estritamente contemporánea e por promover ós artistas vivos. Así, foron do Prado e nunca chegaron a ingresar no M. A. M. obras tan importantes da colección pública como os Fillos do pintor no salón xaponés de Mariano Fortuny e Marsal, a Condesa de Vilches de Federico de Madrazo, ou o importantísimo legado Ramón de Errazu, composto integramente por pintura decimonónica (salvo o bronce O tres Grazas, atribuído aos italianos Francesco e Luigi Righetti). Nas salas do edificio de Juan de Villanueva, por tanto, seguíronse colgando obras claves dos pintores españois do século XIX e algunhas pinturas estranxeiras, de Meissonier ou de Anders Zorn, entre outros nomes.

Coleccións editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar