Mucha Giráldez

política española

María del Carmen Giráldez Rodríguez, chamada Mucha, nada no Facho (Beade, Vigo) o 18 de febreiro de 1922 e finada en Vigo o 28 de maio de 2007, foi unha política galega do PSdeG-PSOE.

Modelo:BiografíaMucha Giráldez
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de maio de 2007 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

BUSC: giraldez-rodriguez-carmen-1922

Traxectoria

editar

Nada no alto da parroquia de Beade, mudouse ao barrio do Calvario cando era unha nena. De extracción humilde, traballou nas fábricas de peixe de Teis. Afiliouse ás Xuventudes Socialistas na preguerra e en 1936 ao PSOE.

Coñecida veciña do barrio do Calvario, e veterana militante do PSdeG, presentouse ás Xerais de 1989 como suplente do candidato a senador e poeta Manuel Cuña Novás. Ao falecer este en 1992, substituíuno na Cámara Alta, onde permaneceu unicamente uns meses ata os comicios de 1993.

Galardóns

editar

Unha gardería do seu barrio leva o seu nome.

Vida persoal

editar

Estivo casada e tivo catro fillos. Á súa morte a familia esparexeu as súas cinzas no monte da Guía.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar