Moulin Rouge!

filme de 2001 dirixido por Baz Luhrmann

Moulin Rouge![4] é un filme musical estadounidense-australiano de 2001 dirixido, coproducido e coescrito por Baz Luhrmann. Cont a historia dun poeta inglés, Christian, que namora da estrela do cabaret Moulin Rouge, a actriz Satine. Está ambientado en Montmartre, París e é o derradeiro título da triloxía "Red Curtain" de Luhrmann, despois de Strictly Ballroom (1992) e Romeo + Juliet (1996). Unha coprodución entre Australia e os Estados Unidos, está protagonizada por Nicole Kidman e Ewan McGregor. John Leguizamo, Jim Broadbent e Richard Roxburgh aparecen nos papeis secundarios.

Moulin Rouge!
Ficha técnica
Título orixinalMoulin Rouge!
DirectorBaz Luhrmann
Produtor
Guión
Intérpretes
MúsicaCraig Armstrong
FotografíaDonald M. McAlpine
MontaxeJill Bilcock
EstudioBazmark Productions
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFestival de Cannes: 9 de maio de 2001[1]
Duración128 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Australia Australia
XéneroDrama romántico e musical
Orzamento50 millóns de dólares[3]
Recadación179,2 millóns de dólares[3]
Na rede
http://www.clubmoulinrouge.com
IMDB: tt0203009 Filmaffinity: 255392 Allocine: 26863 Rottentomatoes: m/moulin_rouge_2001 Mojo: moulinrouge Allmovie: v242630 TCM: 452492 Metacritic: movie/moulin-rouge! TV.com: movies/moulin-rouge Netlix: 60021659 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

O filme está ambientado no París de 1900, onde a modernidade buscaba derrubar o pensamento convencional en todas as áreas (particularmente nas artes). Ten como tema principal o amor. Trata dun novo escritor bohemio, Christian (Ewan McGregor) que namora dunha fermosa cortesá do cabaret Moulin Rouge, Satine (Nicole Kidman). Unha noite, grazas ó azar e a unha serie de malos entendidos, o destino crúzaos. El namóraa coa súa poesía, ela enfeitízao coa luz que irradian os seus ollos. Voan. Pero todo termínase abruptamente, cando a doce Satine advirte a confusión: non era el o millonario duque ó que estaba predisposta a convencer para financiar unha obra de teatro. O novo escritor ofrécelle a ela amor verdadeiro, mentres que o rico nobre ofrécelle cumprir os seus soños de converterse nunha actriz lexítima.

Personaxes

editar

Premios

editar

Foi nomeada a oito Premios Óscar, dos cales obtivo os dous primeiros:

Ademais, obtivo os seguintes Globos de Ouro en 2002:

  1. Farache, Emily (21 de marzo de 2001). "'Moulin Rouge' Does Cannes-Cannes". E! Online. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2021. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  2. "MOULIN ROUGE". British Board of Film Classification. n.d. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 7 de marzo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Moulin Rouge!". Box Office Mojo. IMDbPro. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2009. 
  4. Wells, John C. (2008). Longman Pronunciation Dictionary (3rd ed.). Longman. ISBN 978-1-4058-8118-0. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar