Monte da Guía
O monte da Guía é unha elevación situada no lugar da Guía, na parroquia viguesa de Teis, a carón da ría de Vigo.[1]
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Vigo, España | |||
Localización | Teis | |||
| ||||
Situación
editarAcada 128 metros de altitude. É un dos parques maiores da cidade. Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, as illas Cíes, a cara sur da península do Morrazo e a ponte de Rande.
O monte da Guía está conectado co centro da cidade mediante o autobús urbano (liña 17).[2]
Historia
editarAntigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.[1]
Patrimonio
editarEstá coroada por unha pequena ermida erixida na honra da Nosa Señora da Guía e do Sagrado Corazón de Xesús[3], obra do arquitecto Manuel Gómez Román.[1]
Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo relevancia na segunda guerra mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.
Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada.[2] Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, entre as que ademais dos carballos, destacan os piñeiros.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Monte de A Guía". Turismo de Vigo (en castelán). 2012-10-15. Consultado o 2023-10-06.
- ↑ 2,0 2,1 "A Guía - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2023-10-06.
- ↑ "Ermita de la Guía en Vigo". Galicia Máxica (en castelán). 2016-03-03. Consultado o 2023-10-07.