Coordenadas: 54°45′00″S 69°29′00″O / -54.75, -69.483333333333

O monte Darwin é o segundo cumio máis alto da Illa Grande da Terra do Fogo, cunha altitude de 2438 msnm. Forma parte dun brazo meridional da cordilleira dos Andes, a Cordilleira Darwin, xusto ao norte do canal Beagle. Está formada por xistos cristalinos, e a súa ladeira sur está cuberta dun pequeno campo de xeo.

O monte Darwin desde Baía Pia.

Bautizouse con ese nome durante a segunda viaxe do HMS Beagle polo seu capitán Robert FitzRoy, para celebrar o vixésimo quinto aniversario de Charles Darwin, o 12 de febreiro de 1834.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar