O monte Arkle (en escocés: Airceil)[1] é un cumio relativamente baixo do noroeste de Escocia pero dunha característica forma que lle deu notoriedade.

Modelo:Xeografía físicaMonte Arkle
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaHighland, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSutherland Editar o valor en Wikidata
Mapa
 58°22′13″N 4°54′17″O / 58.3703, -4.9048
Características
Altitude787 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica690 m Editar o valor en Wikidata

Toponimia

editar

Arkle significa olmo en gaélico escocés.

Localización

editar

O monte sitúase no medio dunha pequena chaira, completamente rodeado de lagos, ao sur do antigo condado de Sutherland e ao norte da recente área municipal da Terra Alta. Atópase ao sur do monte Foinaven e ao norte do lago Stack, no centro dunha zona practicamente deshabitada.

Características

editar

O Arkle ten unha altura de 787 m (2.580 pés), polo que está clasificado entre os corbetts, os montes escoceses que teñen entre 2.500 e 3.000 pés. É polo tanto unha montaña de altitude media, pero que ten unha prominencia de 690 m, é dicir, que está rodeada de elevacións que non chegan aos 100 m. Por esa razón ten unha silueta moi recoñecible e distinguible na distancia.

Está formada por unha gran masa de cuarcita sobre un leito de gneis. A maior dureza da cuarcita e a erosión deron lugar á súa particular forma.

  1. "The Celtic Review". Willaim Hodge & Company. 12 de marzo de 2019 – vía Google Books.