Mononucleose infecciosa

Doenza infecciosa

A mononucleose infecciosa é unha doenza infecciosa causada polo virus de Epstein-Barr (VEB) que pertence á mesma familia do virus do herpes. Con moita menos frecuencia pode ser producida polo cytomegalovirus e nun 1% dos casos por Toxoplasma gondii.

Mononucleose infecciosa
Clasificación e recursos externos
DiseasesDB4387
MedlinePlus000591
eMedicinemed/1499 ped/705
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Aparece máis frecuentemente en adolescentes e adultos mozos, e os síntomas que a caracterizan son febre, farinxite ou dor de gorxa, inflamación dos linfonodos e fatiga.