Moncho Parada Castiñeiras

futbolista español

Juan Ramón "Moncho" Parada Castiñeiras, nado na Coruña en xuño de 1939, é un exfutbolista galego, que xogaba de porteiro.

Moncho
Información persoal
Nome Juan Ramón Parada Castiñeiras
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
Victoria
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1958 Victoria
1958–1962 Deportivo da Coruña 3 (0)
1962–1963 Rayo Vallecano
1963–1964 Salamanca 5 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse na canteira do Victoria, onde coincidiu con Amancio, e en 1958 ámbolos dous incorporáronse ao Deportivo da Coruña.[1] Estivo no equipo B ata o seu debut co primeiro equipo nun partido amigable contra o Ourense no Carballiño.

Nas tempadas 1959/60 e 1960/61 da Segunda División formou parte do primeiro equipo, adestrado por Jesús Barrio, como terceiro porteiro por detrás de Emery e Rafa. Xogou só 3 partidos oficiais durante esas dúas campañas, nos que encaixou cinco goles. Non contou con ningún minuto na seguinte campaña, con Otxoa no banco, na que os primeiros gardametas foron Pampols e Emery, e na que o Deportivo conseguiu o ascenso á Primeira División.

En 1962 deixou o equipo coruñés e fichouno o Rayo Vallecano por recomendación de Amancio.[1] Na tempada 1963–64 xogou co Salamanca en Segunda División, onde tamén foi o terceiro porteiro do equipo (detrás de Miguel Benito e José Sánchez-Rojas). Ese ano o equipo castelán descendeu a Terceira División.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El coruñés Moncho fichó por el Rayo Vallecano". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 1962. p. 5. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar