Rafael Sáez Pérez

futbolista español

Rafael Sáez Pérez é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro.

Rafa Sáez
Información persoal
Nome Rafael Sáez Pérez
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1960–1961 Deportivo da Coruña 17 (0)
1961–1962 Albacete 17 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na tempada 1960–61 foi porteiro do Deportivo da Coruña, en Segunda División. Adestrado por Jesús Barrio, foi o porteiro con máis partidos (17), por diante de Juan Emery (11) e Moncho Parada (3). Ese ano o conxunto coruñés logrou o terceiro posto (detrás do Osasuna e Celta de Vigo) a catro puntos do ascenso.

Na tempada 1961–62 fichou polo Albacete, onde tamén foi o porteiro con máis partidos (17), diante do galego Sansón (14). Ese ano o equipo manchego descendeu a Terceira División, logo de xogar a permanencia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar