Molokaʻi (/ˈm.lə.k/ ou /ˌm.ləˈkɑː.i/ ou /ˈmɒl.ə.k/ ou /ˌm.lˈkɑː.i/[1]; Hawaiian: Modelo:IPA-haw), alcumada “The Friendly Isle” (illa amistosa) é unha das oito illas principais que conforman o arquipélago de Hawai no medio do océano Pacífico. Ten un tamaño de 61 por 16 km no seu longo e largo extremos cunha superficie de terra utilizable de 673´4 km², polo que é a quinta máis grande das principais Illas Hawaianas e a 27ª illa máis grande dos Estados Unidos.[2] Está situada a 40 km ao leste de Oahu, separada pola canle Ka-iwi, e ao norte de Lanai, separada pola canle Kalohi. Administrativamente Molokai depende do condado de Maui, excepto a península de Kalaupapa que forma o condado de Kalawao.

Molokai
Moloka'i
Localización da illa dentro da Illas Hawaii
Imaxe de Molokai desde satélite
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoHawai Hawai
ArquipélagoArquipélago de Hawai
MarOcéano Pacífico
Coordenadas21°8′N 157°2′O / 21.133, -157.033Coordenadas: 21°8′N 157°2′O / 21.133, -157.033
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie673´4 km²
Longura máxima60 km.
Largura máxima16 km.
Punto máis alto1.512 m. Mauna Kamakou
Demografía
CapitalKaunakakai
Poboación7.345 (2010)
Densidade10´8 hab./km²

A illa coñécese polo Rancho Molokaʻi que abarca gran parte da illa, pola produción de ananás, a gandaría e o turismo. De noite pódense ver as luces de Honolulú desde o extremo occidental de Molokai, mentres que as próximas Lanai e Maui pódense ver con claridade desde calquera punto da costa sur da illa. No condado de Kalawao, na península de Kalaupapa na costa norte, establecéronse asentamentos en 1866 para o tratamento en corentena de persoas con lepra que funcionaron ata 1969. O Parque Histórico Nacional Kalaupapa agora conserva todo este condado e área.

Xeografía editar

A illa está formada por dous volcáns, coñecidos como East Molokai e West Molokai, moito menor. A superficie total é de 673,44 km². A altitude máxima é Kamakou no East Molokai con 1.515 metros sobre o nivel do mar. O volcán East Molokai volcano, do mesmo xeito que Koolau en Oahu son todo o que queda hoxe en pé da metade sur da montaña orixinal. A metade norte afundiuse e hoxe atópase sepultada cara ao norte baixo o océano Pacífico e o único que se conserva na illa son os cantís mariños máis altos do mundo. Na película Jurassic Park III aparecen imaxes dos mesmos. A costa sur de Molokai presume de ter os arrecifes franxeantes máis amplos dos EEUU, con case 40 km.

A metade da poboación é de ascendencia hawaiana. A poboación total, no censo do 2000, era de 7.404 habitantes. A única cidade da illa é Kaunakakai, que ademais posúe un porto. O aeroporto está en West Molokai. A praia de Pāpōhaku, na costa oeste da illa, é a máis longa das illas Hawai.

Historia editar

Adoitaba pensarse que os primeiros asentamento en Molokai foran ao redor do 650 AD por pobos indíxenas moi probablemente das illas Marquesas. Con todo, un estudo de 2010 que utilizou unha datación de radiocarbono revisada e de alta precisión baseada en mostras máis confiables estableceu que o período de colonización polinesia oriental das Illas Marquesas tivo lugar moito máis tarde, nun período de tempo máis curto de dúas vagas: a "máis temperá nas illas da Sociedade c. 1025-1120, catro séculos despois do que se supoñía anteriormente, e logo de 70-265 anos, a dispersión continuou nun pulso maior a todas as illas restantes c. 1190-1290.[3] Os migrantes posteriores probablemente proviñan de Tahití e outras illas do Pacífico Sur. Aínda que o capitán James Cook rexistrou o avistamento de Molokaʻi en 1778, o primeiro mariñeiro europeo que visitou a illa foi o Capitán George Dixon da Royal Navy británica en 1786.[4] A primeira influencia europea significativa foi en 1832 cando se estableceu unha misión protestante en Kaluaʻaha no East End da illa polo Reverendo Harvey Hitchcock. O primeiro labrego en Molokaʻi que cultivou, produciu e moeu azucre e café comercialmente foi Rudolph Wilhelm Meyer, un inmigrante de Alemaña que chegou en 1850. Construíu o primeiro e único enxeño azucreiro na illa en 1878, que agora é un museo. A gandaría comezou en Molokaʻi na primeira metade do século XIX cando o rei Kamehameha V estableceu unha leira na illa, que foi administrada por Meyer e se converteu no que é agora o Rancho Molokaʻi.[5] A fins do século XIX, Kamehameha V construíu unha casa de vacacións en Kaunakakai e ordenou a plantación de máis de 1.000 cocos en Kapuaiwa Coconut Grove.[6]

Leprosería de Kalaupapa editar

 
Padre Damián

A lepra (máis tarde coñecida como a enfermidade de Hansen) atopábase entre as enfermidades de Eurasia introducidas nas illas hawaianas por comerciantes, mariñeiros, traballadores e outros que vivían en sociedades onde estas enfermidades eran endémicas. Debido á falta de inmunidade dos insulares ás novas enfermidades, sufriron altas taxas de infección e morte por varíola, cólera e tose ferina, así como por lepra. Os plantadores de azucre estaban preocupados polos efectos na súa forza laboral e meteron presión ó goberno para que tomase medidas para controlar a propagación da lepra.

A lexislatura aprobou un acto de control que requiría a corentena de persoas con lepra. O goberno fundou Kalawao situada na illada península de Kalaupapa no lado norte de Moloka'i, seguido de Kalaupapa como os sitios dunha colonia de leprosos que funcionou desde 1866 ata 1969. Debido a que Kalaupapa tiña un mellor clima e acceso ao mar, desenvolveuse como a comunidade principal. Desenvolveuse un hospital de investigación en Kalawao. A poboación destes asentamentos alcanzou un pico de 1100 pouco despois do cambio de século XX.

A península de Kalaupapa, no norte da illa, está illada do resto por uns cantís de 1.010 metros de altitude, uns dos máis altos do mundo. Ao pé dos cantís está a vila de Kalaupapa. Foi o lugar escollido polo rei Kamehameha V para illar os leprosos. Os primeiros exiliados chegaron en 1866. As vítimas eran transportadas en barco, tiradas pola borda e abandonadas. En 1873 chegou o Pai Damián, o misioneiro católico belga Jozef van Veuster Wouster hoxe mártir da caridade. Durante 16 anos dedicouse á cura dos enfermos ata que, en 1889, morreu afectado de lepra. Coa constitución do estado de Hawai, a península quedou á parte baixo a administración do Departamento estatal de Saúde, formando o condado de Kalawao. A reclusión dos leprosos continuou ata 1969, cando se comezou a tratar a enfermidade e tíñanse os medios para evitar o contaxio. Moitos dos pacientes decidiron continuar vivindo en Kalaupapa e o estado aseguroulles a residencia vitalicia.

Hoxe en día non se admiten novos pacientes nin outros residentes. As visitas están estritamente reguladas e prohibidas aos menores de 16 anos. O condado de Kalawao é o segundo menos poboado dos Estados Unidos. En 1900 había 1.177 habitantes e hoxe queda un centenar de antigos pacientes. O condado non ten un goberno local e o único oficial é un xerife nomeado polo Departamento de Saúde. Cunha superficie de 34 km² é o condado máis pequeno dos Estados Unidos. O presidente Bill Clinton designou todo o condado como Parque Histórico Nacional.

Notas editar

  1. "the definition of Molokai". Dictionary.com. 
  2. "Table 5.08 - Land Area of Islands: 2000" (PDF). 2004 State of Hawaii Data Book. State of Hawaii. 2004. Consultado o 2007-07-23. 
  3. Janet M. Wilmshurst; Terry L. Hunt; Carl P. Lipo; Atholl J. Anderson. "High-precision radiocarbon dating shows recent and rapid initial human colonization of East Polynesia". PNAS 108 (5): 1815–20. PMC 3033267. PMID 21187404. doi:10.1073/pnas.1015876108. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  4. "Molokai History". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  5. Meyer Sugar Hookuleana LLC 2013. Retrieved 10 de xullo de 2017.
  6. "Molokai History". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 21 de outubro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar