Damián de Molokai

Damián de Molokai nado en Tremoloo (Flandres) o 3 de xaneiro de 1840 e finado en Molokai (Hawai) o 15 de abril de 1889, foi un misioneiro católico que adicou a súa vida ao coidado e promoción de doentes de enfermidades marxinais.

Modelo:BiografíaDamián de Molokai

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Jozef De Veuster Editar o valor en Wikidata
3 de xaneiro de 1840 Editar o valor en Wikidata
Ninde, Bélxica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1889 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Kalaupapa, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteLepra Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint Anthony's chapel (en) Traducir (1936–)
Saint Philomena Church (en) Traducir (1889–1936) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1864–), misioneiro (1863–1889), padre (pt) Traducir (1861–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCongregação dos Sagrados Corações de Jesus e Maria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa10 de maio Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
The Nuttall Encyclopædia >>>:Damien, Father
Medvik >>>:Damien, svatý, 1840-1889, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1010964 WikiTree: De_Veuster-2 Find a Grave: 10963 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de labregos, entrou como novizo na Congregación dos Sagrados Corazóns en Lovaina o 2 de febreiro de 1859. O 19 de marzo de 1864 chegou como misioneiro a Honolulu (Hawai), onde uns días máis tarde foi ordenado sacerdote.

O Reino de Hawai sufría unha crise de saúde severa por mor do contaxio por parte de mercadores estranxeiros de enfermidades descoñecidas como a gripe ou a sífilis. Asemade proliferaba a lepra. En condicións inhumanas o goberno concentrou estes doentes na illa de Molokai. Damián acudiu a ese lugar onde a loita pola supervivencia xeraba caos, violencia e degradación humana. Organizou comunidades, asistencia sanitaria, educación e actividades produtivas e culturais e reclamou os dereitos dos doentes ata que el mesmo se contaxiou, morrendo de lepra tras cinco anos de padecementos e sen abandonar as súas comunidades.

Significación

editar

Aínda que padeceu incomprensión por parte das autoridades, o seu labor acabou sendo recoñecido ao recibir a orde de Cabaleiro Comandante da Real Orde de Kalākaua, por parte do rei David Kalākaua.

Os seus restos repousan en Lovaina, Bélxica. Os hawaianos, co gallo da súa incorporación como estado federado aos Estados Unidos, elixiron a Damián de Molokai para que a súa estatua os representase no Capitolio dos Estados Unidos en Washington, D.C..

Foi beatificado por Xoán Paulo II o 4 de xuño de 1995 e canonizado por Bieito XVI o 11 de outubro de 2009.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

PELLICER-CORDERO. Kamiano y yo. Reinado Social. Madrid, 2009 ISBN 978-84-931393-5-3