A tose ferina é unha doenza infecciosa aguda moi contaxiosa das vías respiratorias altas causada pola bacteria gramnegativa Bordetella pertussis.[1][2][3] Caracterízase pola inflamación traqueobronquial e accesos típicos de tose violenta e espasmódica con sensación de asfixia que rematan cun ruído estridente durante a inspiración (estridor inspiratorio).[4] B. parapertussis e outros microorganismos causan unha doenza semellante pero máis leve á que se denomina síndrome coqueluchoide.[5] Este termo prefírese cando o diagnóstico é exclusivamente clínico e a enfermidade pode deberse a outros axentes virales ou bacterianos.

Tose ferina
Neno con tose ferina, durante unha crise de tose.
Instancia declase de doenza Editar o valor en Wikidata
Subclase decommensal bacterial infectious disease (en) Traducir e infeções por Bordetella (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causado porBordetella pertussis Editar o valor en Wikidata
SíntomasRinorrea, febre, tose, apneia (pt) Traducir, cansazo e vómito Editar o valor en Wikidata
Especialidade médicainfectoloxía Editar o valor en Wikidata
Tratamentos posiblesantibiótico Editar o valor en Wikidata
Proceso de transmisióntransmisión aérea e transmissão por gotículas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
MedlinePlus001561
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Wikidata ]

As complicacións poden incluír compromiso do sistema nervioso e o miocardio. A aparición da tose ferina é posible a calquera idade pero os máis afectados son os nenos menores de cinco anos. A infección difúndese durante a primavera e o verán. Aínda que nos países desenvolvidos a incidencia desta enfermidade é moi baixa grazas á vacinación, en todo o mundo hai entre 30 e 50 millóns de casos de tose ferina e máis de 300.000 mortes anuais. En xeral, malia a alta cobertura coas vacinas DPT e DTaP, a tose ferina é unha das principais causas de morte prevenible por vacinación en todo o mundo. A maior parte das mortes ocorren entre os nenos pequenos non vacinados ou cunha vacinación incompleta: a protección completa contra a tose ferina require tres doses da vacina. A tose ferina considérase endémica, con ciclos de tres a cinco anos de incremento da enfermidade.[6][7] O noventa por cento de todos os casos prodúcense nos países en vías de desenvolvemento. Canadá é o único país desenvolvido no que a tose ferina é endémica.

  1. Hernández Perera J.C., "¿Tos ferina o tosferina?" Arquivado 25 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.
  2. Spock B. y Rothenberg M.B., El cuidado de su hijo del Dr. Spock, 1a ed. en español, Nueva York, Simon & Schuster, 1997, p. 687.
  3. Acevedo G.E., Martínez G.A. y Estario J.C., Manual de Salud Pública, 1a ed., Ediciones Encuentro-Centro de Investigación y Formación en Salud Ambiental, Facultad de Ciencias Médicas, Universidad Nacional de Córdoba, 2007, p. 45.
  4. MedlinePlus, Enciclopedia médica en español, "Tos ferina".
  5. Finger H., von Koenig C.H.W., “Bordetella–Clinical Manifestations”, en Baron S. (ed.) et al., Baron's Medical Microbiology, 4ª ed., Univ of Texas Medical Branch, Galveston, 1996.
  6. Baker C. (DRT), "Tos ferina", cap. 109 en Red Book.
  7. Baker J.P. y Katz S.L., “Childhood vaccine development: an overview”, Pediatr.