Moha Gerehou
Moha Gerehou, nado en Huesca en 1992, é un xornalista e activista de nacionalidade española e gambiana, militante na loita contra o racismo. En 2020, foi distinguido como European Young Leader polo uso de ferramentas multimedia para transmitir a súa mensaxe contra o racismo e a discriminación.[1]
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1992 (31/32 anos) Huesca, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor , activista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarGerehou naceu en 1992 en Huesca, fillo de pais orixinarios de Gambia que emigraron a España. Formouse como xornalista na Universidade Complutense de Madrid (UCM), onde se graduou en 2014. Empezou a traballar en ElDiario.es, onde se especializou na xestión de redes sociais e a creación de contido enfocado en temas de racismo e migración. Participou como orador nos campus da Universidade de Siyacusa e da Universidade Stanford en Madrid. Ademais, colabora en medios de prensa escrita, radio e televisión, como Televisión Española, Aragón TV, Vogue ou ElDiario.es.[2]
Paralelamente á súa labor xornalística, Gerehou militou na loita contra o racismo. Participou na organización SOS Racismo Madrid, onde exerceu como presidente dende 2016 até 2018.[3] Durante ese tempo, no que foi un dos impulsores da Marcha Antirracista de 2017,[4] escribiu o monólogo titulado Como sería mi vida se fuese un negro de película.[5] Esta obra, onde utiliza o humor, a ironía e a crítica para desmontar os estereotipos raciais prevalentes en filmes, series, anuncios e fotografías, reflicte o seu enfoque crítico cara ás cuestións de raza e representación nos medios.[6]
En 2019, participou na obra colectiva titulada Lost in Media: Migrant Perspectives and the Public Sphere que reúne nove ensaios críticos sobre a representación dos migrantes nos medios europeos.[7] Publicado en cooperación coa Fundación Cultural Europea, expón que aínda que os migrantes chegaron a Europa, non foron integrados adecuadamente na esfera pública. O libro argumenta que para que os migrantes e refuxiados sexan recoñecidos como verdadeiros cidadáns en Europa, deben participar directamente no debate público.[8]
Gerehou publicou en 2021 o libro Qué hace un negro como tú en un sitio como este, un testemuño persoal sobre o racismo en España a través da súa propia experiencia.[9][10] Comeza o relato revelando a súa loita persoal coa súa identidade racial e como isto afectou a súa percepción de si mesmo e a súa interacción coa sociedade. Ademais, sitúa as persoas racializadas como suxeitos políticos activos, e ofrece unha visión crítica das estruturas raciais.[11]
En 2023, estreou no Teatro do Barrio o monólogo titulado Infiltrado en VOX, escrito xunto a Anahí Beholí e Claudia Coelho.[12][13] A obra satírica, que utiliza a técnica de imaxe deepfake con creacións do colectivo artístico United Unknown, permite a Gerehou meterse na pel dun dos militantes do partido de ultradereita Vox liderado por Santiago Abascal, para cuestionar e criticar o racismo e a desinformación.[14][15]
Obra
editar- 2017 – Cómo sería mi vida si fuera un negro de película. Monólogo
- 2019 – Lost in Media: Migrant Perspectives and the Public Sphere. VVAA. Fundación Cultural Europea. ISBN 978-94-92095-68-8.
- 2021 – Qué hace un negro como tú en un sitio como éste. Ediciones Península. ISBN 978-84-9942-985-4.
- 2023 – Infiltrado en VOX. Monólogo escrito xunto a Anahí Beholí e Claudia Coelho
Tradución
editar- 2020 – Bebé antirracista. Texto de Ibram X. Kendi, ilustración de Ashley Lukashevsky. Editorial Astronave. ISBN 978-84-679-4324-5.[16]
- 2021 – Marginados: Un manifiesto personal. Texto de Michaela Coel. Editorial Temas de Hoy. ISBN 978-84-9998-895-5.[17]
Recoñecementos
editarEn 2020, Gerehou foi distinguido polo think tank independente Friends of Europe, fundado en Bruxelas en 1999, como European Young Leader, xunto a outras personalidades da política, a arte ou o activismo. A organización salientou o uso que Gerehou fai das ferramentas multimedia para transmitir a súa mensaxe contra o racismo e a discriminación.
Notas
editar- ↑ EPIC (2024-03-21). "European Young Leaders (#EYL40)". Friends of Europe (en inglés). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ Periferias (2022-10-11). "MOHA GEREHOU CÓMO SER ANTIRRACISTAS". Periferias 23.0 (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ Sánchez Salcedo, Javier (2017-11-14). "Las comunidades racializadas exigen una sociedad sin racismo". Mundo Negro (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ "Moha Gerehou: "No vale con no ser racista, hay que ser antirracista"". www.publico.es. 2021-04-28. Consultado o 2024-05-05.
- ↑ Húder, Pablo Caruana (2023-06-20). "Moha Gerehou se 'infiltra' en Vox: "Al principio no me salía gritar ¡Viva España!"". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ "Moha Gerehou: “Vox habla de cerrar las fronteras como si ahora estuviesen abiertas”". www.elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ Mandala, “He querido escribir un libro que mi yo de catorce años hubiera agradecido leer” | (2021-04-28). "Moha Gerehou: “He querido escribir un libro que mi yo de catorce años hubiera agradecido leer”". Afroféminas (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ admin (2020-11-19). "El panorama cultural no refleja la variedad que existe en la calle". Sara Esteller (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ SER, Cadena (2021-06-15). "El periodista Moha Gerehou presenta en Jaca "Qué hace un negro como tú en un sitio como este"". cadena SER (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ "¿Qué hace un negro como tú en un sitio como este?". CARTV (en castelán). 2021-05-13. Consultado o 2024-05-05.
- ↑ Sánchez, Gabriela (2021-04-27). ""La extrema derecha explota el racismo estructural que el Gobierno mantiene"". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ Barrio, Teatro del (2023-04-20). "El Teatro del Barrio produce 'Infiltrado en VOX', donde Moha Gerehou cuenta su experiencia como persona racializada infiltrada en un partido que empodera el discurso racista". Teatro del Barrio (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ Vidales, Raquel (2023-05-09). "Moha Gerehou: “Si desapareciera Vox, ¿también desaparecería el racismo en España?". El País (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ "Un 'Infiltrado en VOX' se cuela en Teatro del Barrio". El Plural (en castelán). 2023-05-09. Consultado o 2024-05-05.
- ↑ Húder, Pablo Caruana (2023-06-20). "Moha Gerehou se 'infiltra' en Vox: "Al principio no me salía gritar ¡Viva España!"". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ Iquadrat. "Bebé antirracista". Editorial Astronave (en castelán). Consultado o 2024-05-05.
- ↑ MODA, S. (2021-07-28). "‘Marginados’: llegan las memorias de Michaela Coel contra la necesidad de encajar". El País (en castelán). Consultado o 2024-05-05.