Moeda de Belgioioso

A moeda de Belgioioso foi a emitida por Antonio Barbiano di Belgioioso en 1769 e cuñada na Casa da Moeda de Viena. Os dous valores faciais que a compoñen, que é probable que nunca entrasen en circulación, son o tálero e o ongaro.

Escultura do busto de Antonio Barbiano di Belgioioso.

Historia editar

Antonio Barbiano di Belgioioso (1693-1779), alto funcionario imperial, logo de participar, xunto cos seus fillos Alberico e Luís, na Guerra dos Sete Anos, foi elevado pola emperatriz María Tareixa, o 5 de agosto de 1769, ao rango de príncipe do Sacro Imperio Romano Xermánico, co título de príncipe de Belgioioso. O título, transmisible aos seus primoxénitos varóns, levaba consigo varios privilexios, entre eles o de poder abrir unha casa de moeda en Belgioioso e emitir alí moeda de ouro e de prata coa súa propia efixie.[1] No entanto, o príncipe non chegou a instalar ningún obradoiro para a cuñaxe de moeda, senón que se limitou a encargar á ceca vienesa a produción dunha cantidade limitada de zecchini ou ducados de ouro —tamén chamados ongari— e táleros ou escudos (scudo) de prata coa súa propia imaxe e as armas da familia, que é probable que se distribuísen principalmente entre parentes, amigos e cortesáns.[2][3]

Malia seren estas moedas, consonte a disposición imperial, de curso legal, polo menos dentro do Imperio, non se ten constancia da súa circulación efectiva. Ningún dos herdeiros do príncipe Antonio fixo cuñar posteriormente outras moedas.[3]

Moedas editar

Valor Imaxe Descrición Ano Ceca Tiraxe Parámetros técnicos
Anverso Reverso Peso Diámetro Metal
Tálero
[4][5]
 
Busto drapeado e acoirazado de Antonio Barbiano di Belgioioso cara á dereita.
Lenda:

ANTONIUS I • BARBIANI BELGIOJOSII ET S • R • I • PRINCEPS

Escudo coroado sostido por dous leóns, sobre pavillón de armiño colocado sobre dúas bandeiras, co colar do Vélaro de Ouro no centro.
Lenda:
COMES CUNII ET LUGI MARCH • GRUMELLI • 1769
1769 Viena 430 28,05 g 41,00 mm Prata
Ongaro[6][7]
 
Idem. Lenda:
ANTON • I • BARBIANI BELGIOJOS • ET S • R • I • P
Idem. Lenda:
COM CUNII ET LUGI MARCH • GRUMELLI • 1769
620 3,50 g 21,50 mm Ouro

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar