Moby Dick

(Redirección desde «Moby-Dick»)

Moby Dick é unha novela de Herman Melville publicada en 1851. O seu título orixinal é Moby-Dick; or, The Whale (literalmente, Moby Dick; ou, a Balea).

Moby Dick
Portada da primeira edición
Título orixinalMoby-Dick; or, The Whale
Autor/aHerman Melville
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Aventuras, mariñeira
EditorialRichard Bentley (RU)
Harper & Brothers (USA)
Data de pub.18 de outubro de 1851
Páxinas635 (primeira edición)[1]
editar datos en Wikidata ]

Argumento e características editar

A novela é unha historia épica que narra a loita entre o capitán Achab, do baleeiro Pequod, e a gran balea branca Moby Dick (en realidade, un cachalote [2]), á que aquel persegue a través dos mares.

É unha narración poética e mística, que simboliza a loita do home contra as potencias do mal, encarnadas na balea (quizais unha lembranza do Leviatán bíblico). Achab, ao contrario, é o home que pretende dominar a desorde do mundo, dar un sentido á súa vida, vencer ao mal. Pero non triunfa e morre vítima da balea —ou da súa loucura—. Con gran pesimismo, o autor expresa a súa visión desilusionada do universo, cunha forma influída pola Biblia, Shakespeare e os escritores ingleses do século XVII (sobre todo Thomas Brown). Esta novela, que non tivo éxito en vida do autor, foi, despois da segunda guerra mundial, unha das obras máis lidas da literatura norteamericana e hoxe podería considerarse o máis parecido á grande novela americana.

Adaptacións cinematográficas editar

En 1956 John Houston realizou unha película baseado nesta novela. No 2010, o director Trey Stokes fixo unha adaptación moderna da novela: 2010: Moby Dick.

Notas editar

  1. Moby-Dick or The Whale, Northwestern-Newberry edition (Northwestern University Press, 1988), p. 687.
  2. O cachalote é un cetáceo de cor negra ou moi escura, pero excepcionalmente atópanse individuos total ou parcialmente brancos. Parece ser que Moby Dick existiu realmente. As crónicas mariñeiras descríbeno como un cachalote macho de 22 metros de longo a quen os baleeiros chamaban Mocha Dick. Adoitaba atacar os barcos golpeando no casco coa súa cabeza e tiña no seu haber varios barcos afundidos e decenas de vidas humanas. Ao final matárono e atopáronlle os ferros de 19 arpóns cravados no corpo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

La blancura de la ballena. Artigo de Miguel-Anxo Murado.(en castelán)


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.