Abrir o menú principal

Mitrídates III de Partia

Mitrídates III ou Arsaces XIV foi rei do Imperio parto entre o -87 e o -80, usurpou a coroa a Orodes I, fillo e sucesor de Gotarces I.

Mitrídates III de Partia
Coin of Mithridates III of Parthia, Ray mint.jpg
Nacementoséculo a. C.xuliano
Falecemento80 a. C.
Ocupaciónrei
PaiMitrídates II da Pártia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Figura de Mitrídates IIIEditar

Existen varias evidencias que nos levan a relacionar a Mitrídates III coa familia parta reinante, e que mesmo podería determinar a paternidade de Mitrídates. O primeiro é un documento en pedra da zona de Behistun, na zona occidental de Persia, de época de Mitrídates onde aparece o rei xunto a catro dignatarios do seu reino:

Kophasates, Mitrídates, o Confidente Mitrídates, Gotarces, Sátrapa de Sátrapas (e) o Rei de Reis, Mitrídates

O primeiro e o terceiro nome corresponde a personalidades menores, con todo o segundo, Mitrídates, podería facer referencia a Mitrídates III, como fillo de Mitrídates II e por tanto irmán de Gotarces I. A isto engadimos o feito que nas moedas cuñadas por Mitrídates III aparece o epíteto ΦΙΛΟΠΑΤΟΡΟΣ philopátoros (o que ama ao seu pai) o que podería facer referencia á súa relación coa dinastía reinante e así xustificar o seu ascenso ao trono[1]. Non obstante os investigadores carecen de suficientes datos para dar por definitiva esta relación paterno-filial.

ReinadoEditar

En torno ao -87 menciónase en textos cuneiformes a referencia á entronización dun novo rei parto, que coincide no ano coa expulsión do tamén usurpador Sinatruces de Susa e da morte de Gotarces I.

Nos primeiros meses do seu reinado interveu na guerra entre os monarcas seléucidas Filipo I Filadelfo e Demetrio III Eucarios. O outrora poderoso imperio seleúcida quedara reducido ao territorio sirio ameazado constantemente polo expansionismo armenio. A acción de Mitrídates III foi en axuda de Filipo I cando este se achaba cercado polo seu irmán en Beroea. Mitrídates conseguiu derrotar e capturar a Demetrio, o cal morreu en Partia[2].

As relacións co reino de Armenia, dirixido por Tigranes o Grande sufriron unha considerábel deterioración. Tigranes, criado como refén na corte parta, fora aliado de Mitrídates II e tamén do seu fillo Gotarces I a quen casara coa súa filla Aryazate, e que moi posibelmente fosen os pais de Orodes I, que foi desposuído da sucesión por Mitrídates III.

Tigranes aproveitou a situación delicada do reino parto para declarar a guerra, e desprenderse da súa tutela. Armenia logrou facerse cos territorios de Osroene, Adiabene, Gordiena e Atropatene e sometelos a vasalaxe:

"Cando tivo o poder, recuperou eses setenta vales e devastou o país dos partos, o territorio arredor de Nínive e Arbela. Suxeitou á súa autoridade Media Atropatene (en Acerbaixán), [...] e pola forza das armas obtivo posesión do resto de Mesopotamia e, tras cruzar o Éufrates, de Siria e Fenicia.
Estrabón 11.14.16

A debilidade do reino foi aproveitada por Orodes I quen lanzou unha campaña contra Mitrídates III nas satrapías occidentais. Orodes tomou Babilonia no ano -81 (o diario astronómico de Babilonia mencionan unha eclipse lunar no seu primeiro mes de reinado) continuou a guerra até a definitiva derrota (mención nos bronces de Susa o ano 233 SEM, agosto/setembro do ano -80 de Orodes I). Non se sabe nada sobre o destino de Mitrídates III, algunhas teorías apuntan a que quizais non morrese e fuxise cara ás rexións máis inaccesíbeis do norte do imperio, onde falecería ao ano seguinte.

NotasEditar

  1. GHOLAMREZA, F. Assar A Revised Parthian Chronology of the Period 91-55 BC. PARTHICA: incontri di culture nel mondo antico. Istituti editoriali e poligrafici internazionali (Pisa-Roma). 2006, n. 8, p. 69 e ss
  2. Flavio Xosefo, Antigüidades Xudías, 13.384-386