Mission: Impossible (filme)
Mission: Impossible (tamén coñecido na estrea en Blu-ray como M:I) é un filme dirixido por Brian De Palma que foi estreado en 1996. Está producido e protagonizado por Tom Cruise. Está baseada na serie de televisión homónima, e o argumento segue a Ethan Hunt (Cruise) e a súa misión de descubrir á toupa que o incriminou a el como responsable dos asasinatos do equipo IMF. O guión foi escrito por David Koepp e Steven Zaillian, do que despois se fixo unha novela.
Misión: Imposible | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mission: Impossible |
Director | Brian De Palma |
Produtor | Tom Cruise Elias Badra Paula Wagner |
Guión | David Koepp Steven Zaillian |
Baseado en | Mission: Impossible, de Bruce Geller |
Intérpretes | Tom Cruise Jon Voight Emmanuelle Béart Henry Czerny Jean Reno Ving Rhames Kristin Scott Thomas Vanessa Redgrave |
Música | Danny Elfman Lalo Schifrin (temas) |
Fotografía | Stephen H. Burum |
Montaxe | Paul Hirsch |
Estudio | Cruise/Wagner |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 22 de maio de 1996 |
Duración | 110 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Acción, espionaxe |
Orzamento | $80 000 000[1] |
Recadación | $457 696 359 |
Filme seguinte | Mission: Impossible II |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
ArgumentoEditar
Ethan Hunt (Tom Cruise) é un axente capaz de resolver calquera tipo de situación coa máxima elegancia. Forma parte dun equipo dirixido polo axente Jim Phelps (Jon Voight), que se volveu reunir para unha difícil misión: evitar a venda dun disco roubado que contén información secreta de vital importancia. Todo se complica cando o grupo de axentes cae nunha emboscada na que tan só el e outra axente sobreviven. Ethan é visto como un traidor e como culpable da morte do resto do seu equipo, polo que escapa e tenta demostrar a súa inocencia. Hunt fará todo o posible para desenmascarar os culpables, que en realidade están dentro da propia axencia.
PersonaxesEditar
- Tom Cruise como Ethan Hunt
- Jon Voight como Jim Phelps
- Emmanuelle Béart como Claire Phelps
- Henry Czerny como Eugene Kittridge
- Jean Reno como Franz Krieger
- Ving Rhames como Luther Stickell
- Kristin Scott Thomas como Sarah Davies
- Vanessa Redgrave como Max
- Ingeborga Dapkūnaitė como Hannah Williams
- Emilio Estevez como Jack Harmon (sen acreditar)
- Karel Dobrý como Matthias
- Olegar Fedoro como Axente de Kíiv
- Dale Dye como Frank Barnes
Lugares de filmaciónEditar
NotasEditar
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Mission: Impossible".