Emmanuelle Béart

actriz francesa

Emmanuelle Béhart-Hasson, nada en Gassin o 14 de agosto de 1963, é unha actriz francesa, coñecida como Emmanuelle Béart.

Infotaula de personaEmmanuelle Béart

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Emmanuelle Marie Hélène Béart Editar o valor em Wikidata
14 de agosto de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Gassin (Francia) Editar o valor em Wikidata
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaProvenza-Alpes-Costa Azul Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo e xudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollège International Marie de France (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,64 m Editar o valor em Wikidata
Peso55 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , modelo , actriz de cinema , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMichaël Cohen (pt) Traducir (2008–2011)
Daniel Auteuil (1993–1995) Editar o valor em Wikidata
ParellaDaniel Auteuil Editar o valor em Wikidata
FillosNelly Auteuil (en) Traducir
 () Daniel Auteuil Editar o valor em Wikidata
PaisGuy Béart Editar o valor em Wikidata  e Geneviève Galéa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMikis Cerieix (en) Traducir, Olivier Guespin (pt) Traducir e Ève Béart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webebeart.co.uk Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000322 Allocine: 5902 Allmovie: p4789 TCM: 12101 Metacritic: person/emmanuelle-beart TV.com: people/emmanuelle-bart
Musicbrainz: e4963f03-e10a-4ec1-a68e-b1d0cf079fcf Discogs: 320938 Allmusic: mn0000191343 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Béart naceu na Riviera francesa, filla de Geneviève Galéa (pseudónimo de Geneviève Guillery), antiga modelo de ascendencia crota, grega e maltesa, e de Guy Béart, cantante e poeta.[1] A familia do seu pai, nado en Exipto, era descendente de xudeus libaneses.[2][3][4][5][6]

Ten unha media irmá, Ève (nada en 1959), por parte paterna, e seis medios irmáns de dúas relacións da súa nai, Ivan, Sarah e Mikis Cereix e Olivier, Lison e Charlotte Guespin.[7][8]

No final da súa adolescencia, pasou vacacións de verán coa familia anglofalante dun amigo íntimo do seu pai en Montreal. Ficaba con Beverly Mellen e William Sofin e os seus fillos, Andrew e Sean Sofin. A finais do verán, a familia convidouna a quedar con eles e completar o baccalauréat no Collège International Marie de France. Continuaron a manter a súa amizade.[9]

Béart conseguiu un papel no filme de 1976 Tomorrow's Children. Tamén apareceu en pequenas personaxes na televisión. Tras graduarse do Collège International Marie de France de Montreal, volveu a Francia para recibir clases de arte dramática en París. Pouco despois foi contratada para o seu primeiro papel adulto nun filme, e en 1986 acadou sona polo seu papel con Yves Montand, como a filla vingativa do éxito francés Manon des Sources. Pola súa interpretación gañou o César á mellor actriz secundaria. En 1995 gañou o premio de interpretación do Festival de Ciname de Moscova polo seu papel en Une femme française.[10]

No número do 5 de maio de 2003 da edición francesa da revista Elle, Béart, de 39 anos, apareceu espida:[11] a edición enteira de 550 000 copias veldeuse en tres días, converténdose no número máis vendido na historia de publicación.[12]

Vida persoal editar

A mediados da década de 1980, Béart comezou unha relación con Daniel Auteuil (coprotagonista de L'amour en douce, Manon des Sources, Un cœur en hiver e Une femme française); casaron en 1993 e divorciáronse en 1995. Béart relacionouse romanticamente co produtor musical David François Moreau[9][13] e co produtor cinematográfico Vincent Meyer durante dous anos ata que se suicidou en maio de 2003.[11] Ten tres fillos, incluíndo Nelly Auteuil (nada c. 1993) e Johan Moreau (nado c. 1996).[9] Casou co actor Michaël Cohen o 13 de agosto de 2008 en Genappe (Bélxica), e en 2009 adoptaron un neno de Etiopía chamado Surafel. Béart e Cohen separáronse en 2011. En 2011, comezou unha relación co director e director de fotografía Frédéric Chaudier.[14]

Ademais do seu traballo na pantalla, Béart é coñecida polo seu activismo social. É embaixadora de UNICEF, e mostrou a súa oposición ás leis francesas antiinmigración. En 1996 apareceu nos titulares cando foi evacuada dunha igrexa parisiense que ocupara o seu grupo en defensa dos "sans-papiers" ("sen papeis").

En marzo de 2012, Béart falou contra a cirurxía estética en Le Monde, dicindo que se arrepentía de operarse os beizos en 1990 cando tiña 27 anos.[15]

En setembro de 2018, casou con Frédéric Chaudier.[16]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Director
1983 Premiers désirs Hélène David Hamilton
1985 L'Amour en douce Samantha Édouard Molinaro
1986 Manon des Sources Manon Claude Berri
1987 Date with an Angel Angel Tom McLoughlin
1988 À gauche en sortant de l'ascenseur Eva Édouard Molinaro
1990 Il viaggio di Capitan Fracassa Isabella Ettore Scola
1991 La belle noiseuse Marianne Jacques Rivette
J'embrasse pas Ingrid André Téchiné
1992 Un cœur en hiver Camille Claude Sautet
1994 L'enfer Nelly Claude Chabrol
1995 Une femme française Jeanne Régis Wargnier
1995 Nelly & Monsieur Arnaud Nelly Claude Sautet
1996 Mission: Impossible Claire Phelps Brian de Palma
1998 Don Juan Elvire Jacques Weber
1998 Voleur de vie Alda Yves Angelo
1999 Le temps retrouvé Gilberte Raoul Ruiz
1999 La bûche Sonia Danièle Thompson
1999 Elephant Juice Jules Sam Miller
2000 Les destinées sentimentales Pauline Pommerel Olivier Assayas
2001 La répétition Nathalie Catherine Corsini
2002 8 femmes Louise François Ozon
Searching for Debra Winger as herself Rosanna Arquette
2003 Les égarés Odile André Téchiné
Histoire de Marie et Julien Marie Delambre Jacques Rivette
Nathalie... Nathalie / Marlène Anne Fontaine
2005 L'enfer Sophie Danis Tanović
2006 A Crime Alice Parker Manuel Pradal
2007 Les témoins Sarah André Téchiné
2008 Disco France Navarre Fabien Onteniente
Vinyan Jeanne Bellmer Fabrice Du Welz
2010 Nous Trois Marie Renaud Bertrand
Ça commence par la fin Gabrielle Michaël Cohen
2011 Ma compagne de nuit Julia Isabelle Brocard
2012 Bye Bye Blondie Frances Virginie Despentes
Télé gaucho Patricia Gabriel Michel Leclerc
2013 Par exemple, Électre Chrysothémis Jeanne Balibar, Pierre Léon
2014 My Mistress Maggie Stephen Lance
Les Yeux jaunes des crocodiles Iris Dupin Cécile Telerman
2017 Beyond the Known World Louise Pan Nalin
2019 Merveilles à Montfermeil Emmanuelle Joly Jeanne Balibar

Notas editar

  1. "Emmanuelle Beart Biography (1965–)". Film Reference. Consultado o 21 de abril 2020. 
  2. Binder, Carol (16 de setembro de 2015). Guy Béart: «Ma mère m'a enseigné les rituels juifs que je connais très bien» Arquivado 20 de decembro de 2018 en Wayback Machine.. ActualitéJuive (en francés). Consultado o 21 de abril de 2020.
  3. "Emmanuelle Beart". Gossiprocks.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2016. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  4. Bu, Peter (24 de agosto de 2018). "Ces migrants qui abîment l'image de la France". Mediapart.fr (en francés). Consultado o 21 de abril de 2020. 
  5. Kerlereux, Pierre (xaneiro de 2019) [2019]. "Les chrétiens d'Orient" [Eastern Christians]. Besancon.fr (en francés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2020. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  6. Salameh, Franck (2018). Lebanon's Jewish Community: Fragments of Lives Arrested. Springer. p. 52. ISBN 978-3-319-99667-7. 
  7. Média, Prisma. "Emmanuelle Béart - La biographie de Emmanuelle Béart avec Gala.fr". Gala.fr (en francés). Consultado o 30 de outubro de 2020. 
  8. Arlin, Marc (12 de agosto de 2020). "Emmanuelle Béart : qui est sa soeur aînée, Eve Béart ?". www.programme-tv.net (en francés). Consultado o 30 de outubro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Emmanuelle Beart". Turner Classic Movies. Consultado o 16 de xaneiro de 2010. 
  10. "19th Moscow International Film Festival (1995)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2013. 
  11. 11,0 11,1 "Actress Conceals Grief At Cannes". Contactmusic.com (en inglés). World Entertainment News Network. 25 de maio de 2003. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  12. Mottram, James (20 de xuño de 2009). Emmanuelle Béart: 'Sometimes you feel more naked when you're totally dressed than the other way round'. The Independent. Consultado o 21 de abril de 2020.
  13. "Emmanuelle Béart a été en couple avec le frère de Patrick Bruel - Gala". Gala.fr (en francés). Consultado o 2022-01-29. 
  14. "PHOTOS – Emmanuelle Béart and her lover Frédéric Chaudier accomplices for a glamorous evening Gala". The Siver Times. 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  15. Emmanuelle Béart : la chirurgie esthétique, "ça a été effroyable". Le Monde (en francés). 2 de marzo de 2012. Consultado o 21 de abril de 2020.
  16. La rédaction (26 de setembro de 2018). "Exclu – Vive la mariée : Emmanuelle Beart a épousé son compagnon Frédéric". Gala.fr (en francés). Consultado o 2018-09-26. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gaffez, Fabien (10 de marzo de 2005). Emmanuelle Béart. Nouveau Monde Editions. ISBN 978-2-84736-090-5.