Kristin Scott Thomas

Dame Kristin Ann Scott Thomas,[1] nada en Redruth o 24 de maio de 1960 é unha actriz británica.[2] Cinco veces candidata ao premio BAFTA e cinco veces ao Laurence Olivier Award, gañou ambos nunca ocasión. Foi tamén candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria por O paciente inglés (1996).

Kristin Scott Thomas
Nome completoKristin Scott Thomas
Nacemento24 de maio de 1960
LugarRedruth
NacionalidadeFrancia e Reino Unido
Relixióncatolicismo
Educada enCheltenham Ladies' College, Central School of Speech and Drama, Leweston School e National School of Arts and Techniques of theater
PaiSimon Scott-Thomas
NaiDeborah Hurblatt
Cónxuxe(s)François Olivennes
FillosJoseph Olivennes
Profesiónactor de xénero, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz, directora de cine e guionista
Na rede
IMDB: nm0000218 Allocine: 11488 Rottentomatoes: celebrity/kristin_scott_thomas Allmovie: p64027 TCM: 173153 Metacritic: person/kristin-scott-thomas TV.com: people/kristin-scott-thomas IBDB: 480048
Instagram: kristinscottthomas Musicbrainz: b2cbe277-0a6c-42b9-9f27-a4de21ad8dd5 Discogs: 1482965 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Scott Thomas debutou en Under the Cherry Moon (1986), dirixido por Prince,[3] e gañou o Evening Standard Film Award á mellor promesa por A Handful of Dust (1988). Traballou no cinema de Francia, incluíndo The Valet (2006), Ne le dis à personne (2007), Leaving (2009), Love Crime (2010) e Elle s'appelait Sarah (2010), e gañou o premio do Cinema Europeo por Il y a longtemps que je t'aime (2008).

Traxectoria editar

Infancia e inicios editar

Scott Thomas naceu en Redruth, Cornualla. A súa nai, Deborah (nada Hurlbatt), criouse en Hong Kong é África, e estudou arte dramática antes de casar co pai de Kristin,[4] Lieutenant Commander Simon Scott Thomas, piloto na Royal Navy que faleceu nun accidente aéreo cando a súa filla tiña cinco anos.[5][6] Kristin é a irmá máis vella da tamén actriz Serena Scott Thomas, sobriña de Admiral Sir Richard Thomas (antigo Black Rod, oficial de cerimonias da Casa dos Lores,[7] e sobriña bisneta do capitán Scott, que perdeu a carreira para chegar ao polo Sur.[8]

Scott Thomas foi educada como católica.[9][10] A súa casa de infancia estaba en Trent, Dorset, Inglaterra. A súa nai volveu casar con outro piloto da Royal Navy, Tte Cdr Simon Idiens, que tamén faleceu nun accidente aéreo na costa norte de Cornualla, seis anos despois do pasamento do pai. Scott Thomas estudou en Cheltenham Ladies' College e St Antony's Leweston en Sherborne, Dorset, ambas as dúas escolas independentes. Cando rematou a escola, mudouse a Hampstead, Londres, e traballou nunha tenda. Entón comezou a estudar para ser profesora de arte dramática en Central School of Speech and Drama. Despois de que lle dixesen que nunca sería unha boa actriz, deixouno aos dezanova anos para traballar como au pair en París.[11] Falando francés, estudou interpretación en École nationale supérieure des arts et techniques du théâtre na mesma cidade e tras graduarse aos 25 anos foi contratada por Prince como Mary Sharon, herdeira francesa, no filme de 1986 Under the Cherry Moon.

Career editar

O papel que a descubriu foi A Handful of Dust, baseado na obra de Evelyn Waugh. Seguírono os filmes con Hugh Grant Bitter Moon e Catro vodas e un funeral polo que gañou o BAFTA á mellor actriz secundaria.

En 1994 protagonizou o filme francorromanés O vară de neuitat, no que interpretaba a Marie-Thérèse Von Debretsy. En lugar de aprender romanés leu as liñas foneticamente,[12] que non obstante tiña traducidas en francés para saber que dicía.[13][14]

1996 viu a estrea do seu papel máis célebre, Katharine Clifton en O paciente inglés, polo que recibiu candidaturas ao Oscar e ao Globo de Ouro. Seguino un breve período en Hollywood con filmes como The Horse Whisperer con Robert Redford e Random Hearts con Harrison Ford. Porén, viuse decepcionada con Hollywood e abandonouno por un tempo polo nacemento do seu terceiro fillo.

Volveu ao escenario en 2001 coa produción francesa Berenice, de Jean Racine, e á pantalla con Lady Sylvia McCordle na aclamada Gosford Park, de Robert Altman. Comezou así unha segunda e recoñecida carreira no teatro, na que recibiu catro candidaturas aos premios Laurence Olivier á mellor actriz, gañando pola súa interpretación de Arkadina en The Seagull, de Anton Chekhov.[15] Repetiu o papel en Nova York en setembro de 2008.[16] No verán de 2011, Scott Thomas volveu ao West End para interpretar a Emma en Betrayal, de Harold Pinter no Comedy Theatre, dirixida por Ian Rickson e coprotagonizada por Ben Miles e Douglas Henshall. En xaneiro de 2013, protagonizou outra obra de Pinter, Old Times, de novo dirixida por Ian Rickson. En 2014, apareceu no The Old Vic protagonizando Electra, de Sófocles.

Scott Thomas tamén interveu en filmes franceses. En 2006 intrepretou a Hélène en Ne le dis à personne, do director Guillaume Canet. En 2008, recibiu boas críticas e premios pola súa interpretación en Il y a longtemps que je t'aime. En Elle s'appelait Sarah (2010), interpretou a Vel' d'Hiv Roundup, xornalista estadounidense que vivía en París e que descobre que o piso que o seu home está renovando foi o fogar dunha familia xudía que foi desafiuzada.

Outros traballos foron Elizabeth Boleyn, nai de Ana Bolena, segunda esposa de Henrique VIII en The Other Boleyn Girl, unha creadora e editora de moda en Confessions of a Shopaholic, a adaptación da novela The Woman in the Fifth, de Douglas Kennedy, e o filme de 2012 Bel Ami, baseado na novela de 1885 de Maupassant.[17] The Invisible Woman de Ralph Fiennes, Before the Winter Chill de Philippe Claudel, Only God Forgives de Nicolas Winding Refn, My Old Lady de Israel Horovitz e Suite Française, dirixido por Saul Dibb.

En maio de 2017, informouse que Scott Thomas asinara para interpretar a herdeira de BMW Susanne Klatten no suspense Paramour, dirixido por Alexandra-Therese Keining.[18]

En 2003 foi declarada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) e Dame Commander of the Order of the British Empire (DBE) en 2015.[19][20] Foi nomeada cabaleiro da Lexión de Honra francesa en 2005.[21][22]

Vida privada editar

Scott Thomas está divorciada do xinecólogo francés François Olivennes, co que ten tres fillos: Hannah (nada en 1988), Joseph (1991) e George (2000). Vive en Francia dende os dezanove anos, criando os seus fillos en París,[23] e en ocasións considérase máis francesa que británica.[24][25][26]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1984 Mistral's Daughter Nancy Miniserie
1985 Charly Curtametraxe
1986 Under the Cherry Moon Mary Sharon Candidata ao Golden Raspberry Award á peor actriz secundaria e á peor nova estrela
1987 Djamal et Juliette
1987 Agent trouble Julie
1988 Lounge Chair Marie
1988 Handful of Dust, AA Handful of Dust Brenda Last Evening Standard British Film Award á mellor promesa
1988 Tenth Man, TheThe Tenth Man Thérèse
1989 Bille en tête Clara Tamén estreada como Headstrong
1989 Force majeure Katia
1990 bal du gouverneur, LeLe bal du gouverneur Marie Forestier
1990 Spymaker: The Secret Life of Ian Fleming Leda St Gabriel
1991 Aux yeux du monde L'institutrice
1991 Valentino! I Love You Curtametraxe
1991 Mio caro dottor Gräsler Sabine
1992 Bitter Moon Fiona
1993 Body & Soul Anna - Sister Gabriel Miniserie
1994 O vară de neuitat Marie-Thérèse von Debretsy
1994 Catro vodas e un funeral Fiona BAFTA Award for Best Actress á mellor actriz secundaria
Evening Standard British Film Award á mellor actriz
1994 Le Confessionnal Axudante de Alfred Hitchcock
1995 Plaisir d'offrir Curtametraxe
1995 En mai, fais ce qu'il te plaît Martine
1995 Les Milles Mary-Jane Cooper
1995 Richard III Lady Anne
1995 Anxos e insectos Matty Crompton Evening Standard British Film Award á mellor actriz
1996 Microcosmos Narradora
1996 Gulliver's Travels Immortal Gatekeeper Miniserie
1996 O paciente inglés Katharine Clifton National Board of Review Award á mellor actriz secundaria
Candidata ao Oscar, BAFTA, Globo de Ouro, Satellite Award, Screen Actors Guild Award á mellor actriz
Candidata ao Screen Actors Guild Award ao mellor elenco
1996 Mission: Impossible Sarah Davies
1996 Somebody to Love
1996 Pompatus of Love, TheThe Pompatus of Love Caroline
1997 Amour et confusions Sarah
1998 Souvenir Ann
1998 Sweet Revenge Imogen Staxton-Billing
1998 Horse Whisperer, TheThe Horse Whisperer Annie MacLean
1999 Random Hearts Kay Chandler
2000 Up at the Villa Mary Panton
2000 Play First Woman Curtametraxe
2001 Life as a House Robin Monroe
2001 Gosford Park Sylvia McCordle Broadcast Film Critics Association Award, Florida Film Critics Circle Award, Online Film Critics Society Award, Satellite Awards, Screen Actors Guild Award ao mellor elenco
Candidata ao Phoenix Film Critics Society Award ao mellor elenco
2003 Small Cuts Béatrice Petites coupures
2004 Arsène Lupin Joséphine, comtesse de Cagliostro
2005 Man to Man Elena van den Ende
2005 Chromophobia Iona Aylesbury
2005 Keeping Mum Gloria Goodfellow Candidata ao London Film Critics' Circle á mellor actriz
2006 Valet, TheThe Valet Christine Levasseur
2007 Mauvaise pente Yolande Moreau
2007 Ne le dis à personne Hélène Perkins
2007 Walker, TheThe Walker Lynn Lockner
2007 Golden Compass, TheThe Golden Compass Stelmaria
2008 Il y a longtemps que je t'aime Juliette Premio do Cinema Europeo e London Film Critics' Circle á mellor actriz
Candidata ao BAFTA, ao César, ao Globo de Ouro, ao Irish Film and Television Award e ao Satellite Award á mellor actriz
2008 Other Boleyn Girl, TheThe Other Boleyn Girl Elizabeth Boleyn
2008 Seuls two L'antiquaire
2008 Easy Virtue Mrs. Whittaker Candidata ao British Independent Film Awards e ao London Film Critics' Circle á mellor actriz secundaria
2008 Largo Winch Ann Fergusson
2009 Confessions of a Shopaholic Alette Naylor
2009 Leaving Suzanne Candidata ao César e ao Globes de Cristal Award á mellor actriz
2010 Nowhere Boy Mimi Smith Candidata ao BAFTA, ao British Independent Film Awards, ao London Film Critics' Circle, ao Satellite Award e ao Phoenix Film Critics Society Award á mellor actriz secundaria
2010 In Your Hands Anna Cooper
2010 Love Crime Christine
2010 Elle s'appelait Sarah Julia Jarmond Lumières Award á mellor actriz
Globes de Cristal Award for Best Actress
Candidata aó César á mellor actriz
2011 The Woman in the Fifth Margit Kadar
2011 Salmon Fishing in the Yemen Patricia Maxwell
2012 Bel Ami Virginie Walters
2012 In the House Jeanne Germain
2012 Looking for Hortense Iva Delusi
2013 Only God Forgives Crystal
2013 The Invisible Woman Catherine Ternan
2013 Before the Winter Chill Lucie
2014 Suite française Madame Angellier
2014 My Old Lady Chloé Girard
2015 The Kitchen Boy Alexandra Romanov
2017 The Party Janet
2017 Darkest Hour Clementine Churchill Candidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria
2018 Tomb Raider Ana Miller

Teatro editar

Honores editar

Notas editar

  1. "Kristin Scott Thomas". BFI. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2012. Consultado o 03 de agosto de 2018. 
  2. "Kristin Scott Thomas is bored with being labelled an ice queen". 
  3. "Kristin Scott Thomas". Yahoo Movies Canada. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2014. Consultado o 03 de agosto de 2018. 
  4. "Scene change". The Age (Melbourne). 12 de outubro de 2003. 
  5. "Kristin Scott Thomas Biography (1960-)". filmreference.com. 
  6. "Kristin Scott Thomas learning to be herself". The New Zealand Herald. The Observer. 7 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2011. 
  7. "Black Rod". 
  8. "- Person Page 2292". thepeerage.com. 
  9. Hattenstone, Simon (27 de marzo de 2003). "'I'm a horrible bully'". The Guardian (Reino Unido). Consultado o 22 de xuño de 2010. She was brought up as a Catholic and felt guilty about everything. 
  10. Hattersley, Giles (21 de setembro de 2008). "Kristin Scott Thomas, haughty but nice". The Sunday Times (UK). Consultado o 22 de xuño de 2010. 
  11. Anstead, Mark (10 de xuño de 2007). "On the move Kristin Scott Thomas". The Times (Londres). Consultado o 7 de maio de 2010. 
  12. "Foreign Accents". The New Yorker. 14 de outubro de 1996. Consultado o 6 de maio de 2017. 
  13. "Scott Thomas Recalls Romanian Film". Backstage. 8 de xaneiro de 2002. Consultado o 6 de maio de 2017. 
  14. "An Unforgettable Summer (Un été inoubliable)". Eurocinema World. Consultado o 6 de maio de 2017. [Ligazón morta]
  15. "Chiwetel Ejiofor and Kristin Scott Thomas Win 2008 Laurence Olivier Awards". Playbill. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2008. Consultado o 03 de agosto de 2018. 
  16. What's On Stage.Speeches: And the Laurence Olivier Winners SaidConsultado: 5 de xuño de 2011 Arquivado 09 de abril de 2013 en Wayback Machine.
  17. Horst, Carole (19 May 2009). "Rob Pattinson to star in 'Bel Ami'". Variety. Consultado o 11 de xaneiro de 2010. 
  18. "Kristin Scott Thomas to star in thriller 'Paramour'". ScreenDaily. 12 de maio de 2017. Consultado o 16 de maio de 2017. 
  19. "No. 61092". The London Gazette (Supplement): N8. 31 de decembro de 2014. 
  20. 2015 New Year Honours List Arquivado 2 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  21. "English rose at home in Paris". The Connexion. marzo de 2011. Consultado o 8 de xullo de 2011. 
  22. "Clash de la semaine : Kristin Scott Thomas VS Sharon Stone". Excessif (en francés). 1 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2011. Consultado o 8 de xullo de 2011. 
  23. "Kristin Scott Thomas is bored with being labelled an ice queen". The Telegraph. Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  24. "Interview with Kristin Scott Thomas". The Guardian. 2 de febreiro de 2008. Consultado o 14 de maio de 2017. 
  25. "No mystery why we've loved Kristin Scott Thomas for so long...". The Independent. 3 de febreiro de 2012. Consultado o 14 de maio de 2017. 
  26. "Kristin Scott Thomas awarded higher Légion d'honneur by France". The Guardian. 14 de xullo de 2015. Consultado o 14 de maio de 2017. 
  27. "Seagull Revival, with Kristin Scott Thomas and Peter Sarsgaard, Opens on Broadway Oct. 2". playbill.com. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  28. Comedy Theatre website "Ambassador Theatre Group's AmbassadorTickets.com" Arquivado 23 de xuño de 2011 en Wayback Machine., consultado o 24 de xuño de 2011.
  29. "Role-swapping: just a gimmick or an extra dimension to the drama?". Londres: The Independent. 29 de xaneiro de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2013. 
  30. "Old Vic stages Kevin Spacey as Darrow and Kristin Scott Thomas in Electra". whatsonstage.com. Consultado o 10 de maio de 2014. 
  31. "Kristin Scott Thomas to star as the Queen in return of the Audience". theguardian.com. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar