Miscocitarinos

xénero de insectos
Miscocitarinos
Mischocyttarini

Raíña de Mischocyttarus flavitarsis
construíndo o niño
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Familia: Vespidae
Subfamilia: Polistinae
Tribo: Mischocyttarini
Carpenter, 1993
Xénero: Mischocyttarus
de Saussure, 1853
Especies
Véxase o texto

A dos miscocitarinos (Mischocyttarini) é unha tribo de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, unha das catro en que se divide a subfamilia dos polistinos.[1]

A tribo comprende un só xénero, Mischocyttarus.[1][2]

Características editar

Os lóbulos tarsianos asimétricos de Mischocyttarus sepáranos da tribo dos epiponinos. Mischocyttarus é o maior xénero de avespas eusociais, xa que comprende máis de 200 especies e subespecies.[2]

As avespas do xénero Mischocyttarus constrúen un niño relativamente sinxelo. Ás veces, o niño constrúese a un metro do niño de Polistes carnifex.[3]

As obreiras levan néctar e pequenas eirugas de volta ao niño para alimentaren ás larvas en desenvolvemento que están aloxadas individualmente en celas separadas do niño.[4] Non todos os niños teñen unha femia con ovarios desenvolvidos.[3]

A súa bioloxía é similar á das especies do xénero Polistes. Porén, Mischocyttarus parece amosar bastante máis flexibilidade social e reprodutiva que Polistes.

Taxonomía editar

Descrición editar

Tribo editar

A tribo foi descrita en 1993 polo entomólogo estadounidense James M. Carpenter.[2]

Xénero editar

O xénero fora descrito en 1853 polo naturalista, xeólogo e entomólogo suízo, especialista en himenópteros e ortópteros, Henri Louis Frédéric de Saussure.[2]

Sinónimos do xénero editar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Artifex Silveira, 2008
  • Cerberus Silveira, 2008

Especies editar

O xénero comprende as seguintes especies:[2][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mischocyttarini no NCBI.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 James M. Carpenter: Tentative Chechlist of the Polistine Tribe Mischocyttarini Arquivado 15 de xuño de 2020 en Wayback Machine..
  3. 3,0 3,1 Corn, Mary L. (1972): "Notes on the Biology of Polistes carnifex (Hymenoptera, Vespidae) in Costa Rica and Colombia". Psyche. 79 (3): 150–157.
  4. Reeve, Hudson K. (1991): "Polistes". En Kenneth G. Ross & Robert W. Mathew (eds.) The Social Biology of Wasps. Ithaca, Nova York, NY: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-9906-7, pp. 99–148.
  5. 5,0 5,1 Mischocyttarus Saussure, 1853 no GBIF. Consultado o 25 de xuño de 2021.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
  • Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
  • Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
  • Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
  • Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  • O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
  • Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
  • Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar