Misael Pastrana Borrero
Misael Eduardo Pastrana Borrero, nado en Neiva o 14 de novembro de 1923, e finado en Bogotá o 21 de agosto de 1997, foi un avogado e político colombiano. Ocupou diversos cargos políticos, entre eles o de presidente da República para o período de 1970 a 1974 polo Partido Conservador. Foi o derradeiro mandatario elixido dentro do acordo da Fronte Nacional.
Nome orixinal | (es) Misael Eduardo Pastrana Borrero |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de novembro de 1923 Neiva, Colombia |
Morte | 21 de agosto de 1997 (73 anos) Bogotá, Colombia |
Causa da morte | Morte natural |
Presidente de Colombia | |
7 de agosto de 1970 – 7 de agosto de 1974 ← Carlos Lleras Restrepo – Alfonso López Michelsen → | |
Minister of Finance and Public Credit (en) | |
1 de setembro de 1961 – 16 de novembro de 1961 | |
Embaixador de Colombia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia |
Educación | Pontificia Universidade Xaveriana St. Bartholomew Major College (en) |
Actividade | |
Ocupación | diplomático , avogado , profesor universitario , político |
Partido político | Partido Conservador Colombiano (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | María Cristina Arango Vega (1951–) |
Fillos | Andrés Pastrana, Juan Carlos Pastrana (pt) |
Irmáns | Hernando Pastrana (en) |
Premios | |
Traxectoria editar
Misael Pastrana foi bacharel do Colexio Maior de San Bartolomé de Bogotá. En 1938, pouco antes de rematar os seus estudos en devandita institución, sufriu feridas de gravidade durante o accidente aéreo de Santa Ana. Estudou Dereito e Economía na Pontificia Universidade Javeriana dos Xesuítas en Bogotá. Graduouse o 19 de xullo de 1945 cunha tese laureada cuxo tema foi El fraude Pauliano y Simulación.
O 25 de febreiro de 1951, contraeu matrimonio con María Cristina Arango Vega, filla do dirixente e excandidato liberal á Presidencia en 1946, Carlos Arango Vélez, con quen tivo catro fillos: Juan Carlos, Andrés, Jaime e Cristina.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Misael Pastrana Borrero |
Bibliografía editar
- Pastrana, Misael, 19 de abril de 1970: El día en que Colombia le dio el adiós definitivo a las dictaduras militares y populistas, 1975.
- Senado de la República de Colombia El pensamiento de Misael Pastrana Borrero senado de la República de Colombia 1987 Imprenta Nacional.