Alfonso López Michelsen

Alfonso Antonio Lázaro López Michelsen, nado en Bogotá o 30 de xuño de 1913 e finado en Bogotá o 11 de xullo de 2007, foi un político liberal, avogado, catedrático e columnista colombiano. Fillo do presidente de Colombia Alfonso López Pumarejo, avogado da Universidade do Rosario, foi elixido Presidente de Colombia no período 1974-1978 polo Partido Liberal.[1]

Alfonso López Michelsen
Lopez Michelsen 1977.jpg
Nacemento30 de xuño de 1913
 Bogotá
Falecemento11 de xullo de 2007
 Bogotá
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoCentral Cemetery of Bogotá
NacionalidadeColombia
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade do Rosario
Ocupacióndiplomático, catedrático de universidade, avogado e político
PaiAlfonso López Pumarejo
CónxuxeCecilia Caballero Blanco
FillosAlfonso López Caballero e Felipe López Caballero
PremiosColar da Ordem de Isabel a Católica, Premio nacional de xornalismo Simón Bolivar e Gran Cruz da Orde El Sol do Perú
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Alfonso López Michelsen estudou a primaria no Ximnasio Moderno de Bogotá, para logo estudar en Europa, en colexios de Bélxica, o Reino Unido e Francia, particularmente en Lille, onde obtivo o seu grao de bacharel.[2][3] Logo estudou na Universidade do Rosario, obtendo o título de avogado. Posteriormente fixo estudos de especialización na Universidade de Chile e de posgrao en Dereito Público e Constitucional na Universidade de Georgetown, para daquela ser profesor de Dereito constitucional na Universidade Libre (Colombia).[2][3]

Foi o primeiro dos fillos do dúas veces presidente de Colombia Alfonso López Pumarejo e da súa esposa María Michelsen Lombana, sendo o maior dos homes. Os seus irmáns foron María, Pedro, María Mercedes e Fernando López Michelsen. Foi neto dos empresarios Pedro Aquilino López e Sinforoso Pumarejo Quirós, e tataraneto, polo lado paterno, do artesán e político Ambrosio López Pinzón (1809-1897) e por parte materna de Bernardina Ibáñez, coñecida na historia de Colombia polos seus amores co libertador Simón Bolívar.

Alfonso López Michelsen contraeu matrimonio o 23 de outubro de 1938 en Bojacá (Cundinamarca) con Cecilia Caballero Blanco, filla de Julio Caballero Barrera e de Mary Blanco Barroso. Tivo tres fillos froito do seu matrimonio.

NotasEditar