Carlos Lleras Restrepo

Carlos Alberto Lleras Restrepo, nado en Bogotá, 12 de abril de 1908 e finado o 27 de setembro de 1994, foi un avogado e político colombiano, que ocupou o cargo de Presidente de Colombia durante o período 1966–1970 polo Partido Liberal. É o avó materno do político Germán Vargas Lleras e de Valerie Calle Vargas.

Carlos Lleras Restrepo
Carlos Lleras Restrepo.gif
Nacemento12 de abril de 1908
Lugar de nacementoBogotá
Falecemento27 de setembro de 1994
Lugar de falecementoBogotá
SoterradoXardíns de Paz
NacionalidadeColombia
Alma máterUniversidade Nacional de Colombia
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiFederico Lleras Acosta
IrmánsIsabel Lleras
PremiosPremio nacional de xornalismo Simón Bolivar e Order of Propitious Clouds
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou no Instituto San Bernardo de La Salle, onde se graduou como bacharel en Filosofía e Letras. En 1930 obtivo o título en Dereito, Ciencias Políticas e Sociais na Universidade Nacional de Colombia en Bogotá. No eido privado, foi avogado de múltiples empresas, nacionais e estranxeiras, reitor do colexio Ximnasio Moderno en 1944, director da Escola de Administración de Empresas e Economía da mesma institución. Foi tamén xerente para Colombia de Celanese. Foi presidente da Xunta Directiva do Banco Francés e Italiano (hoxe Sudameris) do cal foi accionista, asesor de Renault durante o seu exilio en México (1952-1954), fundador dos semanarios "Política y Algo más" (1961) xunto con Juan Lozano y Lozano e "Nueva Frontera" (1975). Tamén salientou como árbitro en numerosos tribunais nacionais, en preitos de dereito comercial. En 1980, a Universidade do Cauca conferiulle o título de Doutor Honoris Causa en Dereito e Ciencias Políticas e Sociais. Foi homenaxeado polo Banco da República no billete de $100.000 pesos que empezou a circular en 2017.

PresidenciaEditar

Durante o período da Fronte Nacional, resultou elixido Presidente da República para o período do 7 de agosto de 1966 ó 7 de agosto de 1970. O seu goberno, denominado "da transformación nacional", caracterizouse pola estabilización e crecemento económico pola Reforma Constitucional de 1968, que, entre outros aspectos, determinou a descentralización de gran parte da xestión estatal en entidades especializadas como os Institutos Descentralizados.