Miryam Amaya
Miryam Amaya Jiménez, nada en Logroño en 1959, é unha performer e activista LGBTI xitana española.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Logroño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | activista dos dereitos transxénero , intérprete |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarNaceu nunha corte en Logroño, xa que a súa nai estaba a coidar as eguas cando se puxo de parto.[1] A súa familia aceptou desde o principio a súa disidencia de sexo, polo que se sentiu moi apoiada.[2] Creceu en Barcelona, cidade en comezou a hormonarse con 13 anos, xa que lle resultou fácil conseguir hormonas sen receita médica.[1] Malia estudar Debuxo Lineal nunca exerceu a profesión,[3] xa que se dedicou ao mundo do espectáculo e á prostitución. Foi Miss Travesti Barcelona durante varias edicións seguidas.
Actuou xunto a Sara Montiel e coñeceu a Pedro Almodóvar e a outras figuras da Movida madrileña até que un mal diagnóstico lle fixo perder a visión no ollo dereito. Durante un tempo consumiu estupefacientes, mais conseguiu abandonalos coa axuda da súa familia. Case todas as súas amigas trans desa etapa non sobreviviron.[1]
Activismo
editarDesde moi nova foi consciente da necesidade de loitar polos seus dereitos como muller trans e xitana e tivo que lidar coa represión franquista.[2] Estivo detida en varias ocasións en comisarías onde foi obxecto de malos tratos e humillacións.[4]
Participou na organización da primeira manifestación do orgullo gai de Barcelona de 1977, a primeira polos dereitos LGTB no Estado Español.[5][6][7]
Exerce o seu activismo para axudar a mulleres en situacións de vulnerabilidade desde colectivos como Somos LGTB+ de Aragón, OMSida ou o Centro Alba. Realiza actuacións e imparte charlas sobre a súa experiencias. Así mesmo, denuncia as dificultades das persoas trans para conseguiren un traballo digno que lles proporcione no futuro unha pensión contributiva, e tamén para que teñan os mesmos dereitos que o resto da cidadanía. Dirixe o grupo de espectáculo sen ánimo de lucro The Babylons no barrio de El Gancho de Zaragoza.[4][8]
No seu libro La doble transición (2019)[9] o xornalista Raúl Solís Galván recolle a vida de Amaya xunto á doutras oito mulleres transexuais que conquistaron liberdades e dereitos no Estado español. O libro está prologado por Mónica Oltra.[10][11][12]
Ese mesmo ano foi protagonista, xunto a Montse González e Marcela Rodríguez, do acto que tivo lugar o 20 de novembro con motivo do Día Internacional da Memoria Transexual. Foi organizado polo Parlamento de Canarias, a Secretaría de Estado de Igualdade de Trato e Diversidade, a vice consellería de Igualdade e Diversidade do Goberno das Canarias e a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB).[13]
En 2019 foi convidada xunto a Kike Poveda e Quim Roqueta ao acto organizado pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB) para conmemorar o 1 de decembro, Día Mundial da Loita contra a SIDA. Baixo o lema «Maiores Sen Armarios: Historia, Loita e Memoria!», incidiuse na esixencia da Federación ás CC.AA. de garantiren o acceso das persoas maiores con VIH aos centros residenciais.[14]
É coprotagonista do documental Ellas (2020) de Atresplayer sobre a vida de cinco mulleres trans, xunto a Alex Saint, Lola Rodríguez, Carmen García de Merlo e a condutora do documental Valeria Vegas.[15][16] Dirixido por Pilar Monsell, as protagonistas falan nunha merenda no campo sobre a súa vida cotiá, os seus logros e os seus problemas e loitas como mulleres trans.[17][18]
Foi unha das mulleres referentes que encabezaron a pancarta da manifestación do Día Internacional do Orgullo de 2020, que se celebrou de xeito virtual debido á pandemia de COVID-19. Baixo o lema «Sororidad y feminismo para TRANSformar. Mujeres lesbianas, trans y bisexuales en acción! Por las más vulnerables»,[19] foi organizada pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB), COGAM e o Colectivo LGTB+ de Madrid.[20]
Recoñecementos
editar- A Federación Española de Lesbianas, Gais Transexuais e Bisexuais (FELGTB) entregoulle o Premio Plumas 2020 polo seu activismo na defensa e visibilidade do colectivo LGTBI a raíz do labor que realizou en Zaragoza dende marzo de 2020, para que decenas de mulleres trans traballadoras sexuais tivesen soporte económico, asistencia social e de vivenda, e comunicación coas súas familias. A gala celebrouse de xeito online debido á pandemia de COVID-19.[21]
- En 2020 o goberno municipal de Cartaxena lembrouna nos actos de conmemoración do Día do Orgullo dese ano.[22]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "MIRIAM AMAYA: "Una transexual debe respetarse a sí misma"". El Periódico de Aragón (en castelán). 18 de febreiro de 2010. Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 Vázquez, Iñaki. "Myriam Amaya: la crònica de la dignitat i el compromís". Ajuntament de Barcelona (en catalán).
- ↑ "Cuando la discriminación se amplifica por ser mujer Lesbiana, Trans o Bi". La Vanguardia (en castelán) (Madrid). 4 de marzo de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 Figueras, Judit; Solà, Anna (9 de marzo de 2020). "Mujeres que han escrito su historia". El Día (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ França, João (25 de xuño de 2017). "1977: El día en que la homosexualidad salió de la clandestinidad para tomar la calle" (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ Gaetano Pira, Luca (16 de xuño de 2018). "Los triángulos rosas españoles". El Salto (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ Navarro, David (30 de xuño de 2019). "Orgullo necesario: aragoneses cuentan sus años de lucha por los derechos LGTB+". Heraldo (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ Cantalapiedra, Martín; Maella, Daniela (1 de febreiro de 2021). "Entrevista a Miryam Amaya. Charlas bajo zero". Zero Grados (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ González Romero, Claudia (16 de febreiro de 2019). ""La lucha por la libertad sexual en España se hizo con símbolos andaluces"". La Voz del Sur (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ Santacruz, Alberto (8 de abril de 2019). "Del mariquita al transexual". Diario de León (en castelán) (Madrid). Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ Carballar, Olivia (15 de febreiro de 2019). "A ti, una dedicatoria revolucionaria". La Marea (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ Solís Galván, Raúl (2019). La doble transición (en castelán) (1ª ed.). Libros.com. ISBN 9788417643492. OCLC 1089898617.
- ↑ Viera, Gregorio (23 de novembro de 2019). "Por una maldita paga". Euforia (en castelán).
- ↑ "FELGTB exige a las CCAA que garanticen el acceso de las personas mayores con VIH a los centros residenciales". Saludemia (en castelán). 29 de novembro de 2019.
- ↑ "'ELLAS' impacta en su estreno en el FesTVal". FesTVal Vitoria-Gasteiz (en castelán).
- ↑ Oliva, Alejandra. "Voces que hay que escuchar". It Gets Better España (en castelán).
- ↑ "Pilar Monsell dirige el documental "Trans"". CineyMax (en castelán).
- ↑ Romanov López-Alfonso, Jesús (2021). Historia de la transexualidad (en castelán) (1ª ed.). Córdoba: Almuzara. ISBN 9788418709357. OCLC 1259679655.
- ↑ "La manifestación virtual del Orgullo 2020 irá encabezada por una pancarta de mujeres LTB y otra de entidades sociales". Siglo XXI (en castelán). 3 de xullo de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ "El Orgullo 2020 recorre virtualmente Madrid a través de una marcha online con acento en las mujeres LTB". Europa Press (en castelán) (Madrid). 4 de xullo de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ "FELGTB ha entregado sus Premios Plumas 2020 en una gala online". FELGTBI+ (en castelán). 4 de novembro de 2020.
- ↑ "El Ayuntamiento de Cartagena se suma a las actividades online para conmemorar el día del Orgullo LGTBI". La Opinión de Murcia (en castelán). 23 de xuño de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2023.