Ministerio de Economía, Comercio e Empresa (España)

O Ministerio de Economía, Comercio e Empresa de España é o actual departamento ministerial con competencias en economía e empresa. O seu titular é, dende o 29 de decembro de 2023, Carlos Cuerpo.[1]

Ministerio de Economía, Comercio e Empresa
Información xeral
Sitio web
http://www.mineco.gob.es/

Historia

editar

Este Ministerio créase por primeira vez con este nome coa chegada á Presidencia do Goberno do socialista Pedro Sánchez durante a segunda metade da XII Lexislatura. Corresponde ao Ministerio de Economía e Empresa o exercicio de competencias que exercían na primeira metade da lexislatura o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (as relacionadas con Economía) e o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital (as que teñen que ver coa Axenda Dixital), deixando de ser responsable dos asuntos relacionados con Ciencia, que pasan a ser responsabilidade do novo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e dos temas relacionados con Comercio, dos que se encarga o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Funcións

editar

Segundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Economía e Empresa a proposta e execución da política do Goberno en materia económica e de reformas para a mellora da competitividade, de desenvolvemento industrial, de telecomunicacións e sociedade da información, de desenvolvemento da Axenda Dixital así como a política de apoio á empresa, e o resto de competencias e atribucións que lle confire o ordenamento xurídico.[a][2]

Estrutura orgánica básica

editar

Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

  • Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa.
  • Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital.

Titulares

editar

Referencias

editar

O contido deste artigo incorpora material publicado no Boletín Oficial do Estado, que se atopa no dominio público de conformidade ao disposto no artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual española.

  1. O contido deste artigo incorpora material publicado no Boletín Oficial do Estado, que se atopa no dominio público de conformidade ao disposto no artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual española.
Referencias