Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital de España

O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital foi un dos trece departamentos ministeriais en que se dividiu o Goberno de España en 2016. O seu titular (desde o 4 de novembro de 2016) foi Álvaro Nadal.

Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital
Logotipo do Ministerio
Sede do Ministerio
Información xeral
Xurisdición España España
Sede central Paseo de la Castellana 160, Madrid
Sitio web
http://www.minetad.gob.es/

Historia

editar

O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital nace debido á agrupación de competencias realizada polo goberno de Mariano Rajoy no ano 2016. O antigo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo foi divido en dous ministerios diferentes, o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital que asumiu as competencias en Enerxía e Turismo e, o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, que fusionou as competencias en industria co antigo Ministerio de Economía e Competitividade.

Funcións

editar

Corresponde ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital a proposta e execución da política do Goberno en materia de enerxía, turismo, telecomunicacións e sociedade da información, así como o desenvolvemento da Axenda Dixital.[1]

Estrutura

editar

A estrutura do actual ministerio é:[2]

  • Secretaría de Estado de Enerxía.
    • Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas.
  • Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital.
    • Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información.
  • Secretaría de Estado de Turismo
  • Subsecretaría de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital
    • Secretaría Xeral Técnica.

Titulares

editar
Inicio Finalización Nome Partido
4 de novembro de 2016 -
Álvaro Nadal
PP

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar