Russian Aircraft Corporation MiG (ruso: Российская самолетостроительная корпорация «МиГ») é unha empresa aeroespacial rusa. A súa sede atópase no distrito de Begovoy de Moscova.[1]

Mikoyan
Tipodivisión
Fundación8 de decembro de 1939
MatrizUnited Aircraft Corporation
LocalizaciónMoscova
FundadorArtem Mikoyan e Mikhail Gurevich
Industriaaeroespacial e defensa
Produtosavións
Na rede
http://www.migavia.ru/
editar datos en Wikidata ]

Os avións MiG son un elemento básico das forzas aéreas soviética e rusa, e a Unión Soviética vendeu moitos deses aparellos dentro da súa esfera de influencia. Foron usados polos exércitos de Corea do Norte, Vietnam do Norte, India e tamén en confrontacións aéreas con forzas estadounidenses e aliadas, ademais de formar parte das forzas aéreas de moitas nacións árabes.

No ano 2006 Mikoyan converteuse nunha división de United Aircraft Corporation tras unha fusión con Ilyushin, Irkut, Sukhoi, Tupolev, e Yakovlev por un decreto do presidente ruso Vladimir Putin.[2]

Produtos editar

  • MiG-1 - 1940 caza
  • MiG-3 - 1940 caza e interceptor
  • MiG-9 - 1946 caza, primeiro reactor de MiG
  • MiG-15 - 1947 caza, o primeiro reactor moderno e o máis fabricado da historia
  • MiG-17 - 1950 caza (baseado no MiG-15)
  • MiG-19 - 1952 caza, primeiro caza supersónico de MiG e o primeiro avión supersónico en ser fabricado en masa
  • MiG-21 - 1956 caza e interceptor, o avión supersónico máis producido
  • MiG-23 - 1967 caza e cazabombardeiro, o avión de xeometría variable máis fabricado
  • MiG-25 - 1964 interceptor e recoñecemento, o avión máis rápido do mundo fabricado en masa
  • MiG-27 - 1970 ataque a terra, deriva do MiG-23.
  • MiG-29 - 1977 caza de superioridade aérea e caza multirrol
  • MiG-31 - 1975 interceptor (baseado no MiG-25)
  • MiG-35 - 2007 caza multirrol e caza de superioridade aérea (baseado no MiG-29)

Notas editar

  1. Russian Aircraft Corporation (ed.). "Contacts". Archived from the original on 21 de setembro de 2011. Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  2. Kramer, Andrew E. (2006-02-22). "Russian Aircraft Industry Seeks Revival Through Merger (Published 2006)". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-12-05.