Mike Stone (produtor)
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2016) |
Mike Stone, nado en 1951 e finado en maio de 2002, foi un produtor discográfico, enxeñeiro de son, músico e compositor británico,[1] recoñecido polo seu traballo con artistas como Queen, Genesis, Kiss, Joe Walsh, REO Speedwagon, Lou Reed, April Wine, America, Asia, Bee Gees, Whitesnake e outros máis.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Michael Richard Seth Stone 1951 Reino Unido |
Morte | maio de 2002 (50/51 anos) |
Actividade | |
Ocupación | produtor musical, enxeñeiro de son, enxeñeiro, compositor |
Xénero artístico | Música rock |
Traxectoria
editarCarreira artística
editarStone comezou a súa carreira musical como un enxeñeiro de son asistente nos estudios Abbey Road cando era aínda un adolescente. Tempo despois, entrou en Trident Studios e traballou como operador de son e enxeñeiro asistente.[3] En 1972, Stone traballou nos primeiros álbums de estudio da banda británica de rock Queen. Xa que logo, Mike logrou unha gran relación laboral tanto con Queen como co produtor Roy Thomas Baker. Xunnto a Thomas Baker, Mike traballou nas voces da canción "Bohemian Rhapsody". Ao retirarse Thomas Baker como produtor do grupo, Queen decidiu facerse cos servizos de Stone para o traballo de mestura nas voces.[4]
Xa na década de 1980, Stone patrocinou varios álbums de Asia, Journey e April Wine, así como algúns de Ratt e Whitesnake, os cales chegaron a ser discos de platino nos Estados Unidos e o Canadá.[5]
Falecemento
editarStone padecía alcoholismo, o que ao cabo lle impediu realizar unha remasterización de todo o catálogo de álbums de Queen. Mike morreu en xuño de 2002 por mor das complicacións de devandita doenza.[6]
A película "O transportador 2", protagonizada polo tamén británico Jason Statham foi dedicada á súa memoria.
Discografía destacada
editar- 1971: Genesis — Nursery Cryme, operador de cinta de son.
- 1972: Lou Reed — Transformer, produtor e enxeñeiro de son.
- 1973: Joe Walsh — The Smoker You Drink, the Player You Get, enxeñeiro de son.
- 1974: Queen — Queen, enxeñeiro de son.
- 1974: Queen — Queen II, enxeñeiro de son.
- 1975: Frank Zappa — One Size Fits All, enxeñeiro de son.
- 1976: Queen — A Day at the Races, enxeñeiro de son.
- 1977: Queen — News of the World, produtor e enxeñeiro de son.
- 1978: Paul Stanley — Paul Stanley, mesturador.
- 1978: Gene Simmons — Gene Simmons, enxeñeiro de son.
- 1978: Peter Criss — Peter Criss, enxeñeiro de son.
- 1979: New England — New England, produtor e enxeñeiro de son.
- 1980: Shoes — Present Tense, produtor e enxeñeiro de son.
- 1981: Journey — Escape, produtor.
- 1981: April Wine — The Nature of the Beast, produtor e enxeñeiro de son.
- 1981: April Wine — Live in London, mesturador.
- 1982: Asia — Asia, produtor e enxeñeiro de son.
- 1982: April WIne — Power Play, produtor e enxeñeiro de son.
- 1983: Journey — Frontiers, produtor.
- 1983: Asia — Alpha, produtor e enxeñeiro de son.
- 1984: April Wine — Animal Grace, produtor e enxeñeiro de son.
- 1984: Tommy Shaw — Girls with Guns, produtor.
- 1985: Gary Moore — Run for Cover, produtor.
- 1985: April Wine — One for the Road, produtor.
- 1985: Asia — Astra, produtor e enxeñeiro de son.
- 1987: Whitesnake — Whitesnake, produtor.
- 1987: Helix — Wild in the Streets, produtor.
- 1988: Ratt — Reach for the Sky, produtor.
- 1989: Danger Danger — Danger, mesturador.
- 1990: Asia — Then & Now, produtor, enxeñeiro de son e mesturador..
- 1995: Foreigner — Mr. Moonlight, produtor, enxeñeiro de son, mesturador
Notas
editar- ↑ "Biografía e discografía de Mike Stone".
- ↑ "Biografía de Mike Stone".
- ↑ "Biografía de Mike Stone".
- ↑ "Datos do DVD musical Classic Albums - Queen: A Night at the Opera".
- ↑ "Créditos e discografía de Mike Stone".
- ↑ "Obituario de Mike Stone". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2016.