Mikayil Faye

futbolista senegalés

Mikayil Ngor Faye, nado en Sédhiou (Casamansa, Senegal), o 14 de xullo de 2004, é un futbolista senegalés que xoga como defensa central no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF. É internacional coa selección senegalesa.

Infotaula de personaMikayil Faye
Biografía
Nacemento14 de xullo de 2004 Editar o valor em Wikidata (19 anos)
Rexión de Sédhiou, Senegal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSenegal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa central Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
-2023 NK Kustošija Zagreb (pt) Traducir
2023- FC Barcelona B Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm15110265 Instagram: mikayilfaye Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Formouse na canteira do Diambars FC, na cidade de Saly, pertencente á rexión de Thiès, onde coincidiu con Bamba Dieng, xogando como defensa central e en ocasións como lateral esquerdo.[1] A prensa vencellouno ao Olympique de Marsella e ao Stade de Reims,[2] pero foi co Dinamo Zagreb co que pasou a adestrar, antes de fichar polo NK Kustošija.[3]

NK Kustošija

editar

O 8 de marzo de 2023 debutou co primeiro equipo do Kustošija na Prva NL, nun encontro ante o HNK Orijent.[4][5] Marcou o seu primeiro gol na liga o 22 de maio de 2023 contra o NK Hrvatski Dragovoljac.[6]

Barcelona

editar

En xuño de 2023 foi fichado polo Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF.

Selección nacional

editar

Internacional coas categorías inferiores da selección do Senegal, participou na Copa Mundial Sub-17 de 2019, acadando os oitavos de final.[7] Foi convocado tamén pola selección sub-20 dirixida por Youssouph Dabo para as eliminatorias da Copa África sub-20 2021, aínda que non participou en ningún partido.[8]

O 22 de marzo de 2024 debutou coa selección absoluta do Senegal nun partido amigable contra Gabón, conseguindo cun espectacular disparo dende lonxe o segundo dos tres goles do seu equipo (3-0).[9]

  1. "Marseille s’intéresse à un jeune international sénégalais". dakarmidi.net (en francés). Consultado o 15 de maio de 2024. 
  2. "BVB heute, Gerücht: Duell mit Chelsea um Senegal-Talent" (en alemán). Consultado o 15 de maio de 2024. 
  3. "Reims targeting Mikayil Faye (Diambars)" (en inglés). 31 de xullo de 2022. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  4. "Kustošija vs. Orijent 1919 0 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2024. 
  5. "Orijent odigrao utakmicu bez pogodaka protiv Kustošije" (en croata). Consultado o 15 de maio de 2024. 
  6. "Kustošija vs. Hrvatski dragovoljac 3 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2024. 
  7. "Partenariat Marseille-Diambars : Mikayil Faye, le coup de cœur de Longoria" (en francés). 21 de abril de 2021. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  8. "Football-Ligue 1 Sénégal : Le joueur de Diambars Mikayil Ngor Faye pisté par l’OM" (en francés). 21 de abril de 2021. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  9. "Mika Faye scores stunning long-distance golazo on Senegal debut – spotted" (en francés). 22 de marzo de 2024. Consultado o 15 de maio de 2024.