Miguel Fidalgo Iglesias
político español
Miguel Fidalgo Iglesias, nado en Vigo en 1971, é un economista e político galego do PPdeG.
Miguel Fidalgo Iglesias | |
---|---|
Nacemento | xuño de 1971 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Miguel Fidalgo.
TraxectoriaEditar
Licenciado en Ciencias Empresariais e Ciencias Económicas e máster en Dirección Comercial e Mercadotecnia. Concelleiro do PP no Concello de Vigo (2007-2015). É vogal do Comité Executivo Provincial do PP de Pontevedra. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra e foi elixido senador. Repetiu candidatura e volveu obter escano nas eleccións xerais de 2016 e nas Eleccións Xerais de abril de 2019. Non foi na lista nas Eleccións Xerais de novembro de 2019.