Miguel Fernández Vázquez

autor de banda deseñada galego

Miguel Fernández Vázquez, nado en Baralla, é un autor de banda deseñada galego.

Modelo:BiografíaMiguel Fernández Vázquez
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Baralla, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5027566 BUSC: fernandez-miguel-1973 Tebeosfera: fernandez_vazquez_miguel

Traxectoria

editar

Estudou deseño gráfico na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón en Lugo, ademais de realización de audiovisuais na Escola Superior de Imaxe e Son CES de Madrid, e cinema de animación e debuxos animados na Escola de Cinematografía e do Audiovisual da Comunidade de Madrid (ECAM). Colaborou na realización da curtametraxe de animación en 2D Teatro mágico e traballou para Animagic Studio nos filmes Los tres Reyes Magos, O Cid e Jester Till. No ano 2004 acadou o premio ao mellor cómic de xénero negro na sexta edición do Festival Internacional de Cinema Negre de Manresa (Fecinema), pola obra Yo no trabajo gratis. Colaborou nunha curta de ciencia ficción para a revista de fantasía Cthulhu.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar