Manuel López Poy
Manuel López Poy, nado en Sarria en 1958, é un xornalista, guionista e autor de banda deseñada galego, tamén coñecido como Manolo López.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Sarria, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Traxectoria
editarMarchou a Madrid a estudar xornalismo, e alí exerceu durante moitos anos ese oficio. Despois traballou en xornais, radios e televisións en Andalucía, Galicia e Cataluña. Ultimamente traballa como periodista freelance para revistas de música, viaxes e motor. É director do documental La frontera de papel: cinco historias de nostalgia y esperanza. Publicou o libro Camino a la libertad: historia social del blues, codirixe o programa de radio Bad Music Blues. Tamén dá conferencias sobre novela negra, banda deseñada e cultura da discapacidade. Colaborou nunha curta de ciencia ficción para a revista de fantasía Cthulhu.
Obra
editar- Mamed Casanova: O Fillo da Furia (novela gráfica, 2010; xunto a Miguel Fernández Vázquez).
- Os días do cometa (novela gráfica, 2013; xunto a Miguel Fernández Vázquez).