Abrir o menú principal

Miguel Cantacuzeno

Miguel Cantacuzeno (en lingua grega, Μιχαήλ Καντακουζηνός Mikhaél Cantacuzenós), finado en 1316, foi o primeiro déspota de Morea, cargo que desempeñou desde 1308 até a súa morte en 1316.

Miguel Cantacuzeno
Nacemento1264
Falecemento1316
 Mistras
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónmilitar
FillosXoán VI Cantacuzeno
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1308, o emperador bizantino Andrónico II Paleólogo aprobou un decreto, no cal se derrogaba o nomeamento anual de novos gobernadores de Morea, como se realizaba até entón, e estipulou que esta posición debía darse a unha persoa até a súa morte. Despois de que o decreto fose aprobado, o primeiro déspota (ou gobernador) que o emperador designara para o recentemente creado Despotado de Morea foi Miguel Cantacuzeno. A súa vinda a Morea foi una bendición para a poboación local na pobre provincia, xa que se freou a práctica da corrupción dos gobernadores que buscaban un enriquecemento rápido nos seus 12 meses de prazo. Miguel Cantacuzeno trouxo consigo a estabilización económica da provincia no seu curto despotado de 8 anos, ofrecendo ao seu sucesor, Andrónico Asen, a posibilidade de iniciar unha guerra de conquista.

Miguel Cantacuzeno morreu en 1316. Sobreviviuno o seu fillo Xoán, quen se convertería en emperador do Imperio bizantino en 1347 co nome de Xoán VI Cantacuzeno.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Georg Ostrogorsky: Byzantische Geschichte 324 - 1453