Miguel Anxo Bastos

economista e profesor galego

Miguel Anxo Bastos Boubeta, nado na Bouciña (Lavadores, Vigo) o 12 de agosto de 1967, é un profesor universitario, economista, politicólogo e conferenciante galego, coñecido pola súa defensa das teses do liberalismo económico e, especificamente, da escola austríaca.[1] É considerado por moitos[quen?] como un dos principais defensores do anarcocapitalismo e do paleolibertarismo no ámbito hispánico.

Infotaula de personaMiguel Anxo Bastos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Miguel Anxo Bastos Boubeta Editar o valor em Wikidata
12 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Profesor titular
Profesor universitario
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, política, economía e política pública Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , profesor universitario , politicólogo , conferencista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela, profesor universitario
Universidade Francisco Marroquín, profesor universitario Editar o valor em Wikidata
MovementoLibertarianismo (pt) Traducir, anarcocapitalismo (pt) Traducir, Escola Austríaca de Economía, Liberalismo, Anarquismo, galeguismo e paleolibertarianismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá, lingua catalá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm10290557 Facebook: miguelanxo.bastosboubeta LinkedIn: miguel-anxo-bastos-boubeta-78087520 BNE: XX940384 Dialnet: 229456 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar
Entrevista en Nós Televisión.

É doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, e licenciado en Ciencias Políticas e Sociais pola UNED.[2] Bastos é profesor titular do Departamento de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela,[3] especializándose na área das políticas públicas e dos movementos sociais contemporáneos.[4] Fixo tamén varias visitas como profesor convidado á Universidade Francisco Marroquín, en Guatemala.

Foi colaborador no programa de V Televisión de política Vía V presentado por Fernanda Tabarés.[5] Tamén colabora no programa A Crónica da Radio Galega.

Pensamento

editar

Bastos foi militante do Bloque Nacionalista Galego, baseado nas ideas do galeguismo e o secesionismo galego. Durante o período universitario, declárase abertamente socialista,[6] o que o levou a contactar por contraposición con autores da escola austríaca de economía, como Ludwig von Mises, e a ser introducido no debate sobre o problema do cálculo económico por profesores de pensamento marxista.[7][8]

Máis tarde o profesor Bastos tornouse discípulo do economista Jesús Huerta de Soto e, xuntamente con este, son notábeis expoñentes intelectuais do anarcocapitalismo en España.[9] A súa principal influencia na teoría económica foron os economistas austríacos Friedrich von Hayek e Ludwig von Mises. Aliñouse coas posicións políticas libertarias desenvolvidas polos economistas e filósofos políticos Murray N. Rothbard, Hans Hermann Hoppe e Jesús Huerta de Soto.

No ano 2017 participou no grupo promotor que puxo en andamento o xornal galeguista Nós Diario, e nel mantén unha columna semanal de opinión.[10]

As súas conferencias sobre estudos de política comparada entre o pensamento austríaco-libertario e outras correntes de pensamento económico e político, habitualmente proferidas no Instituto Juan de Mariana, en España, e na Universidade Francisco Marroquín, en Guatemala, teñen merecido destaque nos medios de comunicación social.[onde?]

Miguel Anxo Bastos escribe periodicamente no Instituto Juan de Mariana, e é presidente honorario da asociación galega de orientación liberal Xoán de Lugo.

  1. "Así es Miguel Anxo Bastos, uno de los profesores más populares de la USC". El Español (en castelán). Consultado o 17/05/2024. 
  2. "Miguel Anxo Bastos, Premio Instituto Juan de Mariana 2023". Juan de Mariana (en castelán). Consultado o 17/05/2024. 
  3. "Miguel Anxo Bastos Boubeta". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 17/05/2024. 
  4. USC Departamento de Ciencia Política http://www.usc.es/es/centros/politicas/profesor.html?Num_Puesto=1507&Num_Persona=1417&ano=63
  5. Programa Vía V (27 de xaneiro de 2016). "Discusión entre Monedero y Bastos". Consultado o 6 de agosto de 2017. 
  6. "Off Topic: De progre a libertario, Las recetas del Profesor Bastos". inBestia (en castelán). Consultado o 17/05/2024. 
  7. Instituto Juan de Mariana (13 de setembro de 2017). Café Viena #7 - Miguel Anxo Bastos (YouTube). 
  8. "José Vilas Nogueira: In Memoriam". Libertad Digital (en castelán). Consultado o 17/05/2024. 
  9. Bastos Boubeta, Miguel Anxo (27/03/2018). "Algunas cuestiones disputadas sobre el anarcocapitalismo (XX): Las Tecnologías Sociales". Instituto Juan de Mariana (en castelán). Consultado o 17/05/2024. 
  10. "A opinión de Miguel Anxo Bastos Boubeta". Nós Diario. Consultado o 2022-03-27. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar