Microscopio electrónico

(Redirección desde «Microscopia electrónica»)

Un microscopio electrónico é un microscopio que utiliza electróns en vez de fotóns ou luz visible para formar imaxes de obxectos diminutos. Os microscopios electrónicos permiten atinxir unha capacidade de aumento moi superior ós microscopios convencionais (ata 500.000 aumentos comparados cos 1000 aumentos dos mellores microscopios ópticos) debido a que a lonxitude de onda dos electróns é moito menor cá dos fotóns.

Microscopio electrónico.

O primeiro microscopio electrónico foi deseñado por Ernst Ruska e Max Knoll entre 1925 e 1930, investigadores que se basearon nos estudos de Louis-Victor de Broglie sobre das propiedades ondulatorias dos electróns.

Un microscopio electrónico funciona cun feixe de electróns acelerados por unha alta voltaxe e focalizados por medio de lentes magnéticas. A amplificación da imaxe prodúcese por un conxunto de lentes magnéticas que forman unha imaxe sobre unha placa fotográfica ou sobre unha pantalla sensible ó impacto dos electróns que transfire a imaxe formada á pantalla dun ordenador. os microscopios electrónicos só se poden ver en branco e negro posto que non utilizan a luz, pero as imaxes poden ser coloreadas no ordenador.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar