Michele Padovano

futbolista italiano

Michele Padovano, nado en Turín o 28 de agosto de 1966, é un exfutbolista italiano que xogaba como dianteiro.

Padovano
Información persoal
Nome Michele Padovano
Nacemento 28 de agosto de 1966
Lugar de nacemento Turín
Altura 1,78 m.
Posición dianteiro
Carreira xuvenil
1979–1982 Barcanova
1982–1985 Asti TSC
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1985–1986 Asti TSC 24 (6)
1986–1990 Cosenza 103 (22)
1990–1991 Pisa 30 (11)
1991–1992 Napoli 27 (7)
1992–1993 Genoa 27 (9)
1993–1994 Reggiana 29 (10)
1994 Genoa 2 (0)
1994–1995 Reggiana 19 (7)
1995–1997 Juventus 41 (12)
1997–1999 Crystal Palace 12 (1)
1999–2000 Metz 9 (4)
2000–2001 Como 12 (2)
Selección nacional
1997 Italia 1 (0)
Na rede
FIFA: 155972 UEFA: 29419 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira futbolística no Asti TSC da Serie C2, antes de pasar polo Cosenza, Pisa, Napoli e Genoa. Entre 1993 e 1994 xogou no Reggiana, onde as súas actuacións chamaron a atención do adestrador da Juventus Marcello Lippi, que o fichou no verán de 1995.[1] Coa Juventus gañou a Liga de Campións en 1996, marcando un gol en cuartos de final ante o Real Madrid, así como un dos lanzamentos durante a quenda de penaltis da final ante o Ajax.[2]

Na súa época na Juve, o seleccionador Cesare Maldini convocouno para a selección italiana, coa que xogou un único encontro, unha vitoria por 3-0 ante Moldavia, o 29 de marzo de 1997. Entrou no minuto 68, substituíndo ao tamén debutante Christian Vieri.[3]

Unha grave lesión nun xeonllo relegouno ao filial do club, e finalmente foi vendido ao Crystal Palace en novembro de 1997.[4] Xogou só 12 partidos na Premier League, marcando un gol contra o Leicester City.[5] Posteriormente pasou polo Metz e polo Como, onde tampouco conseguir triunfar. A continuación regresou a Londres a reclamarlle ao Palace unha débeda dun millón de libras.[6]

Non volveu xogar ningún encontro máis, poñendo fin á súa carreira no 2001.[4]

Prisión editar

En maio de 2006 foi detido pola policía italiana en Turín debido á súa implicación nunha trama de tráfico de haxix.[7] En 2011 foi finalmente condenado a oito anos e oito meses de cárcere.[8]

Palmarés editar

Cosenza

Juventus

Como

Notas editar

  1. "Gli eroi in bianconero: Michele PADOVANO" (en italiano). 28 de agosto de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  2. Villalobos, Fran (11 de abril de 2017). "Padovano, el traficante del gol". Marca (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  3. "Italia - Moldavia 1997". Transfermarkt (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Álvarez, Sergio (3 de xuño de 2017). "La estrella de la Juventus que se consumió en la cárcel por tráfico de hachís" (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  5. "Football: Izzet's late leveller rewards Leicester's fighting spirit" (en inglés). 6 de decembro de 1997. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  6. Hills, David (7 de novembro de 2003). "The 10 worst foreign signings of all time" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  7. González, Enric (12 de maio de 2006). "Colapso en el fútbol italiano". El País (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  8. "Droga, condannato l'ex calciatore Padovano". Corriere della Sera (en italiano). 12 de decembro de 2011. Consultado o 19 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar