Metón de Atenas (grego: Μέτων ὁ Ἀθηναῖος; xen.: Μέτωνος;), nado cara ao -460, foi un matemático, astrónomo, xeómetra, e enxeñeiro que viviu en Atenas no século -V.

Metón
Nacementoséculo V a. C.xuliano
Lugar de nacementoAtenas
Falecementovalor descoñecido e 460 a. C.
NacionalidadeAntiga Atenas
Ocupaciónastrónomo, enxeñeiro e matemático
Coñecido porciclo metónico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É máis coñecido polo seu ciclo metónico de 19 anos que introduciu en -432 no Calendario ático lunisolar como método para o cálculo de datas. Metón atopou que 19 anos solares son case igual a 235 meses lunares e 6.940 días.[1]

Metón foi un dos primeiros astrónomos gregos en facer observacións astronómicas exactas. Traballando con Euctemón, observou o solsticio de verán o 27 de xuño de -432, que significaba o comezo do Ano Novo para os atenienses.

Metón aparece brevemente como un personaxe na obra de Aristófanes As aves. Vai sobre o escenario levando instrumentos de topografía e é descrito como un xeómetra.

NotasEditar

  1. Isaac Asimov (1964, 1971 (trad.)). Enciclopedia biográfica de ciencia y tecnología (en español). p. 8. ISBN 8420652148.  

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Toomer, G. J. "Meton." Dictionary of Scientific Biography 9:337-40.

Ligazóns externasEditar