Merelle, Tállara, Lousame
Merelle é unha aldea ou lugar pertencente á parroquia de San Pedro de Tállara, no concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 118 habitantes (58 homes e 60 mulleres).
Merelle | |
---|---|
Parroquia | Tállara |
Concello | Lousame |
Coordenadas | 42°45′44″N 8°53′07″O / 42.762361111111, -8.8852777777778 |
Poboación | 118 hab. (2020) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atópase no quilómetro 2 da estrada AC-3101 entre Noia e Boiro, no val do río Lobo (ou río Tállara), e transcorre paralela á marxe esquerda do río do mesmo nome. Dentro do núcleo de poboación adoitan diferenciarse dúas entidades diferenciadas: Merelle de Arriba e Merelle de Abaixo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Tállara
editarLugares da parroquia de Tállara no concello de Lousame (A Coruña) | |
---|---|
Abeixón | Abelendo | A Barreira | Carantoña | Cernande | O Cruceiro | A Eirexa | Figueiroa | Guiende | Marracín de Abaixo | Marracín de Arriba | Meixonfrío | Merelle | Pascual | Ponte de San Francisco | A Portela | Pousada | San Roquiño | Sanguiñal | Vilar |