Mercedes-Benz Arena (Berlín)

Berlín

Coordenadas: 52°30′20″N 13°26′36″L / 52.505556, 13.443333

O Mercedes-Benz Arena é un pavillón multiúsos situado en Berlín, Alemaña, máis concretamente no barrio de Friedrichshain. Foi inaugurado no ano 2008 e conta cunha capacidade de 17.000 persoas. O pavillón é fogar do Eisbären Berlin, club de hóckey sobre xeo, e do Alba Berlín, equipo de baloncesto. Tamén se utiliza para concertos ou para outros partidos de hóckey sobre xeo, baloncesto ou balonmán. En 2009, O2 World acolleu a Final Four da Euroliga na que o Panathinaikos venceu 95-71 o CSKA Moscova.

Mercedes-Benz Arena
Datos
LocalizaciónAlemaña Berlín, Alemaña
Construción
Inauguración10 de setembro de 2008
ArquitectoPopulous
JSK Architects
Custo165 millóns de €
Estadio
Capacidade17.000 (concertos)
14.500 (baloncesto)
14.200 (hóckey sobre xeo)
LocalíaAlba Berlín (Basketball Bundesliga)
Eisbären Berlin (DEL)
Eventos
Final Four da Euroliga (2009)

Nome editar

O pavillón comezou denominándose O2World. En xaneiro de 2015, o fabricante alemán de automóbiles Mercedes-Benz, anunciou que alcanzara un acordo para cambiar o nome do lugar polo de Mercedes-Benz Arena de Berlín a partir do 1 de xullo do 2015. De acordo con Mercedes-Benz, o patrocinio do pavillón durará 20 anos. Ademais, tamén se realizarán cambios no interior da arena.

Eventos importantes editar

A primeira banda que tocou no O2 World foi Metallica o 12 de setembro de 2008.

O multiúsos foi tamén anfitrión dos MTV Europe Music Awards 2009.

O lugar foi sede dun partido da NHL Premiere para a tempada 2011-12 o 8 de outubro do 2011, no que os Buffalo Sabres derrotaron 4-2 os Los Angeles Kings.

Este sitio foi sede tamén da segunda rolda da Euro Beach Soccer League 2011 entre o 8 e o 10 de xullo dese ano.

Britney Spears celebrou un concerto aquí o 26 de xullo do 2010.

En agosto de 2012, o fútbol praia volveu a este lugar co gallo da segunda rolda da Euro Beach Soccer League 2012.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar