Melquíades Lestón
Melquíades Lestón Romero, nado en Porto do Son en 1906 e finado en Santiago de Compostela en 1959, foi un mariñeiro e sindicalista libertario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Porto do Son, España |
Morte | 1959 (52/53 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Galega Universal |
Traxectoria
editarEmigrado nos Estados Unidos, retornou e afiliouse ao sindicato Protección Obrera de Porto do Son. Traballou na frota do Gran Sol radicada no porto de Xixón. Alí foi un dos fundadores da Unión Pesquera, que se integrou na UGT en maio de 1931, e un dos que contribuíu á integración do sindicato na CNT. Foi propagandista da Federación Regional de Industria Pesquera. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Xixón, onde foi delegado de Frota Mayor no Comité de Industrias Pesquera e participou na Confederación Regional Galaica en Asturias. Cando caeu a fronte norte, conseguiu escapar a Valencia onde foi secretario da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Detido no campo de Albaterra ao rematar a guerra, foi xulgado en Valencia por auxilio á rebelión e condenado a cadea perpetua. Pasou seis anos no Penal de San Miguel de los Reyes. Saíu en liberdade condicional en 1946,[1] retornou a Porto do Son para visitar a muller e os fillos. Pero acosado pola Falange local liscou a Pasaia, onde estivo uns meses implicándose en accións clandestinas da CNT vasca, até que marchou ao exilio francés e despois a Tunisia,[2] onde foi asesor do presidente Habib Bourguiba en materia de pesca. A mediados dos anos cincuenta perdeu a razón e foi repatriado.
Escribiu en Galicia Libre (Madrid).
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Lestón Romero, Melquíades". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 225.
- "Lestón Romero, Melquíades". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 155–156. ISBN 84-87783-79-1.