Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios

A Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios foi unha organización política creada en 1938.

Historia e características editar

O exemplo da Agrupación Confederal Galaica en Asturias espallouse a Madrid, Valencia, Cartagena e Xirona, onde se crearon Agrupacións de "Gallegos Libertarios" entre 1937 e 1938. Na súa organización interviron militantes cenetistas galegos como Manuel Amil Barcia, en Madrid; Luís Chamorro e Manuel Pita Armada, en Cartagena; Alfonso Fandiño Ricart, en Valencia e Miguel Vázquez Valiño en Xirona. A máis numerosa foi a de Madrid, presidida por Samuel Gómez González, que tivo máis de mil militantes e editou o periódico Galicia Libre. En abril de 1938 tivo lugar un pleno en Madrid no que se acordou constituír a Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios, establecendo a súa secretaría en Valencia a cargo de Melquíades Lestón.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar