Mauritia (continente)

Coordenadas: 12°10′49.11″S 61°10′1.64″L / -12.1803083, -61.1671222

Mauricia[1] é un pequeno continente prehistórico científicos de diferentes universidades do mundo indican que foi ser cuberto no océano Índico, atópase baixo Mauricio e as Illas Reunión. É un "microcontinente" prehistórico escondido baixo unha espesa capa de lava que ten miles de metros de profundidade no océano Índico. Teríase desmembrado hai uns 60 millóns de anos de Madagascar ao derivar na formación do subcontinente da India actual.

Mauricia, situada no océano Índico .

A formación dos continentes adoita asociarse con columnas volcánicas eruptivas, polo que durante o proceso (deriva continental) se foron perdendo algunhas partes destas masas.

Descubrimento editar

 
Unha praia en Mauricio.

O continente, que científicos principalmente da Universidade de Oslo, liderados polo xeólogo Trond H. Torsvik, xunto con outros da Universidade de Witwatersrand e da Universidade de Liverpool, afirman ter descuberto no océano Índico.

Calculan que nos últimos 65,5 millóns de anos se formaron mesetas a partir dunha serie de cadeas volcánicas. Observando a invesión da gravidade, descubriuse que o chan do continente é anormalmente espeso.

Os científicos analizaron a area das praias de Mauricio, onde atoparon pequenos cristais de silicato de circonio, formados hai millóns de anos, moito antes de que existise calquera outra rocha na illa tras varios estudos sobre unha masa terrestre que chamaron Mauritia.

Localización editar

Segundo indican nos seus estudos, Mauritia ocupa a zona onde se erguen agora as Illas Mascareñas e a meseta adxacente, ao leste de Madagascar e ao suroeste do océano Índico, e, hoxe, esténdese nun arco ao norte das Seychelles, colocando os restos do vello continente desgarrado en baixo de Mauricio e na Illa da Reunión.[2][3]

Formación editar

 
Deriva dos continentes de Panxea. Na zona da dereita pódese ver o movemento da masa que máis tarde formaría a India.

Propoñen que o pequeno continente se fragmentou despois da ruptura de Madagascar, formando unha liña de dorsal no medio do océano Índico. Durante o período de 83,5 e 61 millóns de anos, que resultou na apertura da conca ceada nas illas Mascareñas, que fixo que ao final se desprendese do territorio que hoxe é Madagascar.

Foi afundido aproximadamente ao mesmo tempo que a masa terrestre coñecida agora como subcontinente iindio comezou a moverse ao norte / nordés de Madagascar. Indican que a reconstrución do movemento das placas e da gravidade atopada no terreo apoian a súa teoría, tendo en conta que as Seychelles son un fragmento supervivente do continente perdido.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar