Mauricio Monteserín

remeiro español

Mauricio Monteserín Gómez, nado en Ribadeo o 23 de marzo de 1976, é un ex-remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000, na proba de dobre scull.

Infotaula de personaMauricio Monteserín
Nome orixinal(es) Mauricio Monteserín Gómez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura191 cm Editar o valor em Wikidata
Peso87 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000rowing at the 2000 Summer Olympics – men's double sculls (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciouse no remo aos 14 anos no Club de Remo Ribadeo, pasando logo ao Club de Mar de Castropol.[1][2] En 1997 foi subcampión de España en dobre scull e participou nos Xogos Mediterráneos en Bari, rematando na quinta posición do cúadruplo scull.[3][4] Ao ano seguinte volveu ser subcampión de España, esta vez no scull individual, e nesta modalidade proclamouse campión en 1999 en Sevilla.[3]

Participou xunto ao asturiano Jaime Ríos. nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney, na proba de dobre scull, rematando na derradeira posición tanto na primeira serie como na repesca.[5] Ao ano seguinte obtivo un novo quinto posto nos Xogos Mediterráneos de Tunes e conseguiu o seu segundo título de campión de España en scull individual, revalidando o título en 2002.[3] No 2003 en Banyoles, gañou un novo título nacional, esta vez na modalidade de oito con temoneiro, na que participou xunto aos seus compañeiros do Club de Mar de Castropol.[3]

En 2003 pasou a remar en traiñeiras, disputando a Liga ACT.[6] Militou cinco anos en Astillero e un en Arkote,[7] e no 2010 fichou por Pedreña, equipo ao que pasou a adestrar a finais de 2011.[8][9] Uns anos despois regresou a Ribadeo, onde xunto a outros compañeiros volveu poñer en marcha o Club de Remo, que levaba dez anos sen actividade.[10]

Notas editar

  1. "Monteserín, del Club de Mar de Castropol, a la selección española de remo olímpico". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 23 de maio de 1997. p. 55. 
  2. "Unos Juegos son para siempre" (en castelán). 30 de novembro de 2009. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Palmarés dos Campionatos de España de Remo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de agosto de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  4. "El remero ribadense Mauricio Monteserín, quinto en los Juegos del Mediterráneo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 26 de xuño de 1997. p. 51. 
  5. "Dobre scull nos Xogos Olímpicos de 2000". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  6. "Los Juegos de Sídney, veinte años del gran sueño de Mauricio Monteserín" (en castelán). 29 de xaneiro de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  7. González, Rafa (22 de setembro de 2011). "Pedreña se hace con su mejor remero" (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  8. Díaz Rolle, Iván (23 de abril de 2017). "«En el remo era tirando a malo, nadie pensó que llegaría a unas Olimpiadas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  9. "Talento ribadense para el remo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de novembro de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  10. "O Club de Remo Ribadeo volve funcionar tras preto de 10 anos sen actividade" (en castelán). 26 de maio de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar