Matti Nykänen

saltador de esquí finlandés

Matti Ensio Nykänen, nado o 17 de xullo de 1963, é un antigo saltador de esquí finés.

Matti Nykänen
Nome completoMatti Ensio Nykänen
Nacemento17 de xullo de 1963
Lugar de nacementoJyväskylä
Falecemento4 de febreiro de 2019
Lugar de falecementoJoutseno
Causapancreatite e pneumonía
SoterradoJyväskylä old cemetery
NacionalidadeFinlandia
Ocupaciónsaltador de esquí, político, cantante e deportista
CónxuxeMervi Tapola e Mervi Tapola
PremiosHolmenkollen Medal e Knight First Class of the Order of the Lion of Finland
Na rede
IMDB: nm2069195 Spotify: 2MEWgRS9kjwxFXxbFBTnPO iTunes: 172770420 Last fm: Matti+Nykänen Musicbrainz: ce0681a1-3b72-4a49-8353-c531bdd5cee7 Songkick: 2939876 Discogs: 446522 Allmusic: mn0001427333 Olympic.org: matti-nykanen Find a Grave: 196600932 Deezer: 407479 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Nykänen naceu na localidade de Jyväskylä. En 1981 conseguiu o seu primeiro campionato e ó ano seguinte o seu primeiro título mundial nos Campionatos de Europa de Esquí Nórdico. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 acadou a medalla de ouro en gran trampolín e a de prata no trampolín pequeno. Pero a súa grande actuación vai ser nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 conseguindo as tres medallas de ouro da disciplina, os dous títulos individuais e o novo título por equipos. Segue a competir na categoría de veteranos, e o 28 de febreiro de 2008 gañou o Campionato Internacional de Veteranos[1].

Na súa vida persoal viuse envolto en diversos escándalos, chegando mesmo a estar en prisión en 2004 por homicidio. Despois de deixar a alta competición dedicouse profesionalmente á canción, editando tres álbums.

Notas editar

  1. "2008 International Masters Ski". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o 10 de novembro de 2009.