Masacre de Cannstatt

asasinato da nobreza dos alamáns

A masacre de Cannstatt (en alemán, Blutgericht zu Cannstatt), que tivo lugar no ano 746, fai referencia ao asasinato da case totalidade dos nobres do pobo xermánico dos alamáns.

Expansión do Imperio carolinxio

Cannstatt, un antigo castro, era unha das principais localidades do ducado de Alamania fundado polos Merovinxios. Hoxe en día a localidade é o distrito máis antigo e máis poboado da cidade de Stuttgart, capital do estado federado alemán de Baden-Württemberg.[1]

Contexto históricoEditar

Despois dunha nova incursión dos alamáns en territorio franco, o carolinxio Carlomán, Mordomo de palacio de Austrasia, convocou en Cannstatt un placitum, é dicir, unha asemblea xudicial pública. Estas asembleas eran reunións solemnes onde todos os homes libres tiñan que ir para homenaxear ao seu líder e onde se trataban os asuntos públicos baixo o poder real. A asemblea celebrouse en Cannstatt, porque era entón un dos principais bastións do ducado de Alamania.

Desenvolvemento dos eventosEditar

Durante a asemblea, Carlomán puxo en dúbida a lealdade dos príncipes alamáns, acusando á nobreza alamana de ter participado nos levantamentos dos duques Teodebaldo, duque de Alamania, e Odilón, duque de Baviera. Todebaldo, fillo de Lanfrid, que era feudatario de Carlos Martel, pretendeu recuperar a súa independencia e renovar o ducado e sublevouse no 741 e porque se vía, como Odilón, ao mesmo nivel que os carolinxios.[2]

Durante a asemblea, Carlomán puxo en dúbida a lealdade dos príncipes alamáns, acusando á nobreza alamana de ter participado nos levantamentos dos duques Teudebaldo de Alamania e Odilón de Baviera. Despois do xuízo, mandou executar a gran parte da nobreza e desposuíu a outra parte dos seus privilecios en circunstancias bastante problemáticas. Non se sabe se a nobreza alamana foi derrotada por enganos, ou xulgada por traizón en público e logo executada.

ConsecuenciasEditar

As consecuencias desta sanguenta asemblea foron políticas e territoriais. Por unha banda, o xuízo de Cannstatt puxo fin á rebelión dos alamáns contra os francos e, de xeito máis xeral, puxo fin ás recorrentes incursións destes en territorio franco. Por outra banda, as posesións de fala alemá pasaron ao control dos francos, que así ampliaron o seu dominio. Este reino Alamán, que incluía a maior parte de Alsacia, a Suíza de fala alemá, Baden-Württemberg en Alemaña e Vorarlberg en Austria, pasarían a formar parte do Imperio carolinxio.[3][4]

O territorio alamán foi dividido en dous condados que se ofreceron a dous condes francos: Warin e Ruthard. Con Ruthard, a familia dos Welfen, que máis adinate será famosa, estableceuse en Alamania.[2]

NotasEditar

  1. Hagel, Jürgen (2007): Cannstatt und seine Geschichte. 2. Auflage. Hrsg. Verein Pro Alt-Cannstatt. ISBN 978-3-0002-2904-6, p. 237.
  2. 2,0 2,1 Riché, Pierre (1992). Die Karolinger. Eine Familie formt Europa (en alemán). Múnic: Deutsche Verlags-Anstalt. pp. 75 e 77. ISBN 978-3421063755. 
  3. Madeleine Châtelet (2006): "Le haut Moyen Âge en Alsace", en Bilan scientifique de la région Alsace, Hors série 2/2, Service régional de l'archéologie, DRAC Alsace, p. 93.
  4. Büttner Heinrich (1933): Geschichte des Elsass I. Politische Geschichte des Landes von der Landnahmezeit bis zum Tode Ottos III. Berlin: Junker und Dünnhaupt (reed. en 1991 en Sigmaringen: Thorbecke).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Wolfgang Müller, ed. (1975): Zur Geschichte der Alemannen. Darmstadt: Wissenschaftliche Buchgesellschaft. ISBN 978-3-5340-3457-4.
  • Rainer Christlein (1979): Die Alamannen. Archäologie eines lebendigen Volkes. Stuttgart: Konrad Theiss Verlag. ISBN 3-8062-0890-5.
  • Rudolf Rohrbach (1983): Die Untat von Cannstatt und andere Ergänzungen des Geschichtsbildes. Berlin: Reimer Verlag. ISBN 978-3-4960-0726-5.
  • Dieter Geuenich (2005): Geschichte der Alemannen, 2ª ed. Stuttgart: W. Kohlhammer Verlag. ISBN 978-3-1702-3217-4.

Outros artigosEditar