Abrir o menú principal

Mary Gaitskill, nada en Lexington (Kentucky) o 11 de novembro de 1954, é unha escritora estadounidense. As súas obras apareceron en The New Yorker, Harper's Magazine, Esquire, The Best American Short Stories (1993, 2006, 2012), e The O. Henry Prize Stories (1998, 2008).

Mary Gaitskill
Mary Gaitskill BBF 2010 Shankbone.jpg
Nacemento11 de novembro de 1954
 Lexington
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Michigan
Ocupaciónautora, novelista e escritora
CónxuxePeter Trachtenberg
PremiosBolsa de estudos Guggenheim
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Asistiu á Universidade de Michigan, onde obtivo a súa licenciatura en letras e un premio Hopwood. En San Francisco vendeu flores. Nunha conversación co novelista e escritor de contos curtos Matthew Sharpe para a revista BOMB, Gaitskill dixo que elixiu converterse en escritora aos 18 anos porque estaba «indignada coas cousas, foi a típica sensación adolescente de que hai cousas malas no mundo e eu debía dicir algo». Amais, no seu ensaio Revelation contou que volveu ser cristiá aos 21 anos e o seu afastamento da relixión despois de seis meses.[1]

Casou co escritor Peter Trachtenberg en 2001, de quen se separou en 2010.[2] Viviu en Nova York, Toronto, San Francisco e no condado de Marin, California. Reside en Brooklyn.

ObraaEditar

  • Bad Behavior (contos, 1988)
  • Two Girls, Fat and Thin (novela, 1991)
  • Because They Wanted To (relatos, 1997)
  • Veronica (novela, 2005)
  • Don't Cry (relatos, 2009)
  • The Mare (novela, 2015)

NotasEditar

  1. Sharpe, Matthew. "Mary Gaitskill". Revista BOMB, primavera de 2009.
  2. "I'm Psychic... with Mary Gaitskill". Vice Magazine.