Martín Fernández Prado

político español

Martín Fernández Prado, nado na Coruña o 18 de xullo de 1966 é un arquitecto, profesor e político galego do Partido Popular (PP).

Infotaula de personaMartín Fernández Prado
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Cargos
   Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña
Período2011 – 
Concelleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do Goberno Municipal
Período2011 – 2015
AntecesorObdulia Taboadela e Mario López Rico
SucesorXiao Varela
  Deputado no Parlamento de Galicia
Período2016 – 2020
Datos persoais
ResidenciaA Coruña
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónProfesor, arquitecto e político
Partido políticoPPdeG
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria profesional editar

Martín Fernández Prado é arquitecto coas especialidades de Urbanismo e Edificación pola Universidade de Navarra. Doutorouse en 2010 pola Universidade da Coruña.

Desde 1995 é arquitecto autónomo do COAG (delegación de Lugo) e desde 1998 co-propietario de HFP Arquitectura & Urbanismo SL. Profesor contratado en diversos cursos de grao e posgrao na ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña desde 1998.

Traxectoria política editar

Colaborador xa da formación conservadora desde os tempos de Alianza Popular colaborou tamén desde 2003 cos equipos de Alberto Núñez Feijóo[1]: foi Director Xeral de Planificación da Xunta de Galicia (2003-2005) e é presidente da Comisión Territorial do Eixo Atlantico (formada por 32 cidades de Galiza e Norte de Portugal).

Nomeado tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas após a maioría absoluta acadada nas eleccións municipais de 2011 na Coruña e posteriormente concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación, Infraestruturas e Servizos Públicos. Permaneceu no cargo até 2015, cando pasou ás bancadas da oposición.

En agosto de 2016 anunciouse a súa presenza como número 12 nas listas do PP pola provincia da Coruña para as eleccións ao Parlamento de Galicia dese ano[2], resultando elixido deputado para a X lexislatura. No parlamento presidiu a comisión non permanente sobre Seguridade Viaria e exerceu asemade como voceiro do grupo popular na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, e na área de Universidades.[3]

En 2020 ocupou o terceiro posto na lista do PP pola Coruña nas eleccións ao Parlamento de Galicia. En decembro dese ano foi nomeado presidente da Autoridade Portuaria da Coruña[4].

Notas editar

  1. Fernández, A. "Martín Fernández Prado: ´Saber de algunos temas favorece, pero a veces hay que adaptarse´ - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-08-29. 
  2. "Anova, Podemos y EU desplazan a los fieles a Ferreiro en la lista a la Xunta". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-08-24. Consultado o 2016-08-29. 
  3. "Directorio de deputados". Parlamento de Galicia. Consultado o 2017-08-04. 
  4. "O novo presidente do porto da Coruña pide buscar solucións "entre todas" as administracións para a débeda". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-01-13. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar