Francisco de Cubas

(Redirixido desde "Marqués de Cubas")

Francisco de Cubas y González-Montes, nado en Madrid o 24 de marzo de 1826 e finado na mesma cidade o 2 de xaneiro de 1899, foi un arquitecto e político español do século XIX. Coñecido tamén como o Marqués de Cubas polo seu título nobiliario, o Marquesado de Cubas.

Francisco de Cubas
Francisco de Cubas

6 de novembro de 1892 – 1 de decembro de 1892
Precedido por Alberto Bosch y Fustegueras
Sucedido por Nicolás de Peñalver y Zamora

Datos persoais
Nacemento 13 de abril de 1826
Madrid, España
Falecemento 2 de xaneiro de 1899
((72 anos))
Madrid, España
Cónxuxe/s Matilde de Urice y Urquijo
Alma máter Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Edificio do Museo Nacional de Antropoloxía. Obra de Francisco de Cubas

TraxectoriaEditar

Formouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e obtivo pensionados para completar os seus estudos en Italia e Grecia. Cando regresou a España en 1858 obtivo a primera medalla da Exposición Nacional de ese ano.

Membro da Academia de San Fernando dende 1870, compaxinou os seus traballos de arquitectura coa carreira política que o levou a ser diputado en 1893, senador por Ávila[1] entre 1896 e 1898 e alcalde de Madrid durante un mes, do 6 de novembro de 1892 ó 1 de decembro do mesmo ano. Estivo casado desde 1860 con Matilde de Erice y Urquijo, e ambos descansan nunha capela da Catedral da Almudena o seu gran proxecto como arquitecto.

É un dos máis notables representantes da arquitectura decimonónica madrileña. Distinguiuse pola mestría no uso do ladrillo e polas súas obras de estilo neogótico.

Obras destacadasEditar

NotasEditar