Mark Lipovetsky

investigador ruso

Mark Lipovetsky (en ruso: Mарк Наумович Липовецкий), nado en Sverdlovsk o 2 de xuño de 1964, é un crítico cultural ruso, con intereses que abranguen a literatura e o cinema. É un dos maiores especialistas en literatura rusa contemporánea.

Mark Lipovetsky
Nacemento2 de xullo de 1964 (57 anos)
 Ekaterimburgo (URSS)
NacionalidadeRusia
Ocupacióninvestigador
Xénerosensaio
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Lipovetsky naceu en 1964 na Unión Soviética, e tras estudar arte na Universidade Pedagóxica de Ekaterinburgo obtivo o título de mestre de literatura.

En 1996, emigrou aos Estados Unidos de América coa súa muller e o seu fillo, e alí permanece como profesor asociado de estudos rusos na universidade de Colorado onde publica os seus estudos sobre os cambios culturais na Rusia postsoviética.

As súas obras foron nomeadas para o premio Booker ruso (1997) e preseleccionadas para o Premio Bely Andrey (2008). En 2009 Lipovetsky estivo de xurado no premio literario ruso NOS, e no 2011 foi presidente do devandito xurado.

ObrasEditar

Lipovetsky escribiu oito libros e coeditou varios volumes sobre cultura rusa.

  • O postmodernismo ruso: Ensaios de Poética históricos (1997).
  • Ficción postmoderna rusa: diálogo co caos (1999).
  • A literatura rusa moderna: 1950s-1990 (en coautoría co seu pai Naum Leiderman, 2001).
  • Paraloxías: Transformación do (post) Discurso modernista na cultura rusa dos anos 1920s-2000s (2008).
  • Facer violencia: experimentos literarios e teatrais da nova dramaturxia rusa (2009). Coautora: Birgit Beumers.
  • Encantos da razón cínica: embaucadores na cultura soviética e post-soviética (Revolucións Culturais: Rusia no século XX) (2011).

Obras en colaboraciónEditar

  • Dicionario da biografía literaria: escritores rusos desde 1980 (2003), escrito entre Lipovetsky e Marina Balina.
  • Prólogo á obra 50 escritores rusos de relato curto
  • Dicionario biográfico literario: Escritores de Rusia dende 1980
  • Heroes soviéticos da infancia